• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA colabora cos grupos de acción local da pesca para impulsar o sector

-A entidade financeira inicia co GALP Ría de Vigo-A Guarda un plan de encontros co sector para presentar a oferta financeira de ABANCA Mar e dar a coñecer o programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca

O director de ABANCA Mar, Javier Fraga, durante o encontro informativo co GALP Ría de Vigo-A Guarda.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director de ABANCA Mar, Javier Fraga, durante o encontro informativo co GALP Ría de Vigo-A Guarda.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

31-01-2017
Negocio

ABANCA dá un paso máis na súa estratexia de apoio ao mundo do mar en Galicia, ao establecer un marco de colaboración cos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) que operan na franxa costeira da comunidade. A finalidade desta alianza é impulsar o desenvolvemento da pesca, marisqueo e acuicultura galegos e difundir entre estes colectivos as axudas europeas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMPSerás redirixido a outro sitio web).

O apoio do banco canalízase a través da firma de convenios de colaboración cos GALP de Galicia, que se completará nas próximas semanas. Estes protocolos inclúen unha oferta financeira personalizada ao sector, orientada principalmente a facilitar o acceso ao crédito aos profesionais e beneficiarios das subvencións europeas.

Ademais, ABANCA acaba de iniciar un plan de encontros informativos co sector, en colaboración cos distintos GALP. Nestas reunións a entidade explicará as principais liñas da oferta de produtos e servizos de ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, a unidade de negocio do banco para dar servizo á heteroxénea cadea de valor do mar. Pola súa banda, os representantes dos GALP presentarán o programa de axudas do FEMP 2014-2020, que xestiona a Xunta en colaboración con estes grupos sectoriais.

O primeiro destes encontros celebrouse onte en Vigo, na oficina que a entidade financeira ten no porto pesqueiro, co GALP Ría de Vigo-A Guarda, una xuntanza na que participaron de máis de medio cento de profesionais. O director de ABANCA Mar, Javier Fraga, comentou os produtos máis destacados que a entidade deseñou para dar resposta ás demandas do sector. En circulante, citou produtos como Credimar, un préstamo de ata cinco anos sen comisións; Anticipo Mar, para adiantar sen comisións o cobro de subvencións e impostos; ou Confir-Mar, para o financiamento de mareas, pagos de gasóleo, dereitos de pesca, etcétera. Para o financiamento de investimentos, Javier Fraga referiuse ao Préstamo Campaña Mar e ao Leasing Pesqueiro, e tamén explicou outros produtos a medida de ABANCA, como a Hipoteca Naval ou os seguros de transportes de mercadorías, buques, acuícolas ou de bateas, entre outros.

Pola súa banda, a xerente do GALP Ría de Vigo-A Guarda, Elena Herbello Puentes, explicou os tipos de proxectos subvencionables, nas modalidades de investimento produtivo e non produtivo, así como a cuantía das axudas, os prazos de solicitude e requisitos para optar a estas axudas europeas.

O GALP Ría de Vigo–A Guarda naceu no ano 2008 co obxectivo de colaborar na xestión da súa zona de actuación, que abrangue once municipios da costa pontevedresa. O grupo participa activamente na construción da capacidade organizativa da zona pesqueira, e serve de núcleo de converxencia e representación de entidades e axentes socioeconómicos con interese no desenvolvemento integral e equilibrado da área. Representa a un total de 41 entidades locais, entre concellos, confrarías de pescadores e outras organizacións profesionais vinculadas ao sector pesqueiro, asociacións de empresarios e comerciantes e agrupacións de carácter social.

ABANCA Mar, co sector

Esta alianza de ABANCA cos GALP súmase aos acuerdos que a entidade mantiene con a maior parte das confrarías de Galicia e das principais organizacións do sector, no marco da súa estratexia de apoio ao sector primario. A través de ABANCA Mar, o banco pon a disposición do sector un crecente catálogo de produtos, ademais da proximidade e experiencia dun equipo de profesionais altamente cualificados.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .