• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA comeza a operar en Estados Unidos coa apertura dunha oficina en Miami

  • A entidade conta xa con 14 oficinas internacionais en 10 países de Europa e América
  • ABANCA segue crecendo tras a compra de Deutsche Bank PCC en Portugal e Banco Caixa Geral en España

De esquerda a dereita, o conselleiro de ABANCA, Eduardo Eraña, o conselleiro delegado, Francisco Botas, a directora da oficina de Miami, Mónica Vázquez, o presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro Pedro López, e o director xeral de Negocio Internacional, Alfonso Caruana.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

04-12-2018
Corporativo Negocio

ABANCASerás redirixido a outro sitio web comezou a operar onte no mercado bancario de Estados Unidos coa apertura da súa nova oficina na cidade de Miami (Florida). Ademais de en España, ABANCA está presente xa noutros 10 países de Europa e América a través dunha rede internacional de 14 centros, seis deles con ficha bancaria propia (en Estados, Portugal -4- e Suíza) e oito na modalidade de oficina de representación (en Brasil, México, Panamá, Venezuela, Francia, Alemaña, Suíza e Reino Unido). O acto de apertura contou coa presenza do presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, os conselleiros Eduardo Eraña e Pedro López, o director xeral de Negocio Internacional, Alfonso Caruana, e a directora da oficina de Miami, Mónica Vázquez.

A elección de Miami como centro de operacións de ABANCA en Estados Unidos débese ao papel da cidade como porta de entrada para numerosas empresas españolas ao mercado americano e como lugar de residencia dunha ampla comunidade de persoas de orixe española, portuguesa e latinoamericana. Non obstante, desde esta oficina, cuxa apertura foi autorizada pola Reserva Federal de Estados Unidos en outubro, ABANCA poderá prestar servizos financeiros en todo o territorio estadounidense.

Coa súa entrada en Estados Unidos o obxectivo de ABANCA é seguir crecendo en mercados de alto potencial, e especialmente no segmento de empresas e clientes particulares de rendas medias e altas. Entre os principais propósitos do novo proxecto de ABANCA en Estados Unidos está acompañar ás empresas nos seus proxectos locais e internacionais, así como proporcionar un servizo altamente personalizado aos particulares. A oficina ofrecerá aos seus clientes un servizo exclusivo e flexible de axuda nos proxectos de financiamento ou xestión de liquidez que permitirá adaptar cada un dos seus produtos ás necesidades específicas do cliente.

Localización no distrito financeiro

A nova oficina de ABANCA en Miami está situada na zona de Brickell, o distrito financeiro da cidade. O equipo ao cargo do seu funcionamento está formado por 12 persoas, catro de nacionalidade española e oito estadounidenses. O novo centro de atención e servizo de ABANCA foi deseñado de acordo cos principios do novo modelo de oficina da entidade, implantado xa nas súas localizacións máis importantes en España e outros países. As súas principais características son a apertura de espazos, a proximidade co cliente e o uso intensivo da tecnoloxía.

ABANCA, en crecemento

A apertura da nova oficina de ABANCA en Miami inscríbese no plan de crecemento internacional que a entidade vén desenvolvendo nos últimos anos.

Como primeiro paso, ABANCA reabriu en 2015 unha oficina de representación en Frankfurt (Alemaña). Nese mesmo ano iniciou a súa actividade comercial en México a través dunha nova oficina de representación na capital do país. Posteriormente, en 2017, complementou a súa presenza en México cunha sociedade dedicada á concesión de financiamento a empresas. O seguinte fito no proceso de crecemento foi a apertura dunha oficina de representación en Rio de Janeiro (Brasil), tamén en 2017.

Ademais da apertura de oficinas individuais, ABANCA está a realizar operacións corporativas de dimensión superior en termos de rede comercial e volume de negocio. En 2017 reforzou o seu negocio de crédito ao consumoSerás redirixido a outro sitio web adquirindo Popular Servizos Financeiros, cunha carteira de 200 millóns de euros e 15 oficinas en España e Portugal. A principios de 2018 adquiriu a unidade de banca de particulares de Deutsche Bank PCC Portugal, con 6.500 millóns en volume de negocio e 41 oficinas en Portugal. Por último, nos últimos días comprou Banco Caixa Geral, operación que lle permitirá integrar 7.000 millóns en volume de negocio e 110 novas oficinas en España.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .