ABANCA completa o despregamento do seu novo modelo de oficina en Xixón
- A entidade financeira pecha a transformación do seu centro emprazado na céntrica rúa Corrida para incorporar as últimas prestacións e o servicio máis especializado
- O banco avanza na modernización da súa rede comercial en Asturias, onde conta cunha decena de oficinas, totalmente transformadas nos últimos anos
- Os novos espazos apostan pola transparencia, ao eliminar despachos, e a axilidade, grazas á dotación tecnolóxica máis avanzada
ABANCA avanza na transformación da súa rede comercial ao novo modelo de oficina que a entidade financeira está despregando nos seus principais espazos. Un impulso decidido que chegou nas últimas semanas á oficina que o banco ten na rúa Corrida de Xixón e que permite incorporar as últimas prestacións e o servizo máis especializado. Tras a súa reapertura unha vez culminadas as obras, ABANCA completa a transformación da súa rede comercial en Asturias, onde conta cunha decena de oficinas.
As instalacións deste centro de carácter dual, xa que dá servizo tanto a particulares coma a empresas, deseñáronse desde cero seguindo o novo modelo, unha concepción vangardista onde se pon o foco en mellorar a atención ao cliente e ofrecer as solucións tecnolóxicas máis innovadoras do mercado. O fin das obras deixa paso tamén a un espazo que gaña en modernidade e ofrece maiores prestacións a clientes e empregados.
A oficina da rúa Corrida destaca na súa aposta por potenciar a transparencia, xa que se eliminan os despachos. No seu lugar, incorpora tres salas de reunións adaptadas ás necesidades dos clientes, con capacidade para 16 asistentes. A vocación comercial está reflexada en cinco espazos de atención para clientes no que os empregados dan resposta en mobilidade con dispositivos Surface. Os xestores teñen tamén á súa disposición nove postos de xestión para as operacións non presenciais. Por último, a oficina conta con dos postos de atención transaccional para a operativa de efectivo e as tarefas máis administrativas.
Unha oficina á medida de cada cliente
A transformación non só é estética, senón que supón profundar na vocación de especialización de ABANCA, para así ofrecer a atención máis personalizada e respostas adaptadas a cada segmento. Non en van, a entidade financeira conta neste centro con xestores especializados en Negocios, en Pemes e en Empresas; que son claves para canalizar as demandas e expectativas de cada tipo de cliente.
O novo centro de ABANCA suma tamén unha dotación tecnolóxica de última xeración. Ademais dos dispositivos Surface, a oficina conta agora cun caixeiro de última xeración que permite, ademais de retiradas, realizar ingresos en firme, pagos de recibos en efectivo e outras operativas con moedas. A estratexia de dixitalización do banco complétase nesta oficina habilitando unha rede WIFI gratuíta para que os clientes se poidan conectar a Internet e realizar de maneira autónoma as súas operacións máis habituais.