• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA completa os seus servizos de pago con móbil coa posta en marcha do seu wallet

  • A aplicación tamén incorpora a funcionalidade Masterpass, que permitirá aos clientes simplificar as compras en liña
  • O lanzamento destes novos servizos reforza a estratexia dixital e de medios de pago da entidade financeira

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

26-12-2017
Negocio

ABANCA lanza para todos os seus clientes un novo servizo dixital para pagar co móbil, o wallet ABANCA, que permitirá aos clientes da entidade financeira galega ter todas as súas tarxetas ABANCA no móbil e pagar directamente co seu smartphone en calquera establecemento comercial no que se poida utilizar unha tarxeta de débito ou crédito contactless.

Este novo servizo de carteira dixital está dispoñible na aplicación de pagos de móbil a móbil da entidade financeira, ABANCA PaySerás redirixido a outro sitio web, e é gratuíto. Poderase asociar calqueira tarxeta VISA ou Mastercard, de crédito ou débito, de ABANCA. Tamén se incorporou a esta aplicación a funcionalidade de Masterpass, un novo medio de pago para facer compras en internet a través do móbil, tablet ou ordenador.

Pago fácil e seguro

Pagar a través do wallet ABANCA é moi sinxelo e totalmente seguro. Simplemente descargándose a aplicación de ABANCA Pay o cliente terá acceso ao servizo de wallet e Masterpass. As tarxetas de crédito e débito de ABANCA que teña o usuario cárganse directamente na aplicación e non ten que introducilas o cliente, xa que a app está asociada á súa conta de banca electrónica.

Unha vez cargadas as tarxetas, o wallet pedirá un pin para realizar os pagos co móbil. Para pagar nos comercios, só hai que desbloquear o móbil e achegalo ao TPV, se o pago supera os 20 euros deberemos teclear no TPV o PIN do wallet. Tamén se incorpora a autenticación dos pagos con pegada dixital desde o móbil, de tal modo que o cliente valida con plena seguridade a operación desde orixe no propio dispositivo e para calquera importe, sen requirirse neste caso o tecleo de PIN no TPV. A seguridade das transaccións está absolutamente garantida e ao ser unha app propia de ABANCA non se ceden os datos a terceiros. ABANCA Wallet está dispoñible para todos os móbiles con Android 4.4 ou superior e con tecnoloxía NFC.

Pioneiros na incorporación de Masterpass

A actualización de ABANCA Pay incorpora tamén a posibilidade de pagar en comercios en liña utilizando o sistema Masterpass. Comprar con Masterpass é moi sinxelo. Se o comercio dispón de Masterpass, o cliente debe seleccionalo no momento de realizar o pago e escoller ABANCA como entidade. Inmediatamente recibirá unha notificación no móbil que lle permitirá aceptar o pago.

Solucións de pago a través do móbil

Un dos alicerces fundamentais da estratexia dixital de ABANCA é ofrecer aos seus clientes a tecnoloxía financeira máis innovadora, tentando incorporar as últimas novidades e tendencias do mercado.

ABANCA é pioneira en ofrecer aos seus clientes os últimos servizos de pago a través do móbil. Desde marzo de 2016 a entidade permite o pago instantáneo de móbil a móbil con ABANCA Pay e, desde hai máis de 11 anos, os clientes da entidade poden retirar diñeiro nos caixeiros sen necesidade de usar a tarxeta grazas ao servizo de ABANCA CashSerás redirixido a outro sitio web, un sistema que permite enviar diñeiro a calquera móbil mediante unha mensaxe SMS. O código incluído na mensaxe permite recoller o diñeiro, sen tarxeta, en calquera dos caixeiros adheridos ao sistema.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .