ABANCA compra 150 unidades de coidados intensivos para doalas aos hospitais galegos a través da Xunta
- A compra foi decidida conxuntamente co goberno galego para dar resposta ás necesidades máis urxentes do sistema de saúde galego con motivo do COVID-19
- O custo dos equipos ascende a catro millóns de euros
Descarga los contenidos anexos
ABANCA vén de pechar a compra de 150 unidades individuais de coidados intensivos que chegarán a Galicia a vindeira semana e que se doarán ao Servizo Galego de Saúde (SERGASSerás redirixido a outro sitio web), da Xunta de Galicia, para axudar a todos aqueles pacientes que ingresen con insuficiencias respiratorias.
A compra destas sofisticadas unidades que funcionan como prazas de coidados intensivos foi decidida conxuntamente coa Xunta de Galicia e de acordo coas necesidades prioritarias que presenta o sistema de saúde galego para afrontar o coidado das persoas afectadas polo COVID-19.
O reparto das unidades realizarase desde o SERGAS entre os diferentes hospitais galegos.
150 unidades de cuidados intensivos
Estas unidades son máquinas que axudan ao paciente a respirar pola súa conta ou ben para que poida ter, coa axuda artificial, a ventilación que necesita. Este modelo vai conectado a un ordenador cunha pantalla táctil onde se rexistran os datos necesarios para o persoal médico. Tamén contan con alarmas e avisan cando hai algún erro.
O modelo doado por ABANCA serve para adultos, nenos e bebés e permite aos profesionais sanitarios usar diferentes modos de respiración artificial. Ademais, está suxeito a uns estándares de calidade moi elevados e ofrece aos profesionais das UCIS dos hospitais galegos procedementos de ventilación modernos e esenciais para proporcionar aos pacientes os coidados necesarios.
Neste momento, son equipamentos imprescindibles nos hospitais xa que son os que se utilizan para casos de pacientes con problemas respiratorios. O coronavirus afecta precisamente o sistema respiratorio. Estímase que o 3% dos infectados co virus COVID-19 necesitarán sistemas de ventilación mecánica e serán considerados como moi graves.
Colaboración de ABANCA para paliar os efectos do coronavirus
Ademais desta compra, ABANCA tomou outras medidas como condonar tres meses de aluguer ás familias máis vulnerables, anticipar o pago das pensións aos preto de 400.000 clientes que teñen domiciliado este ingreso no banco e o ‘Plan Anticipar, que inclúe un paquete de medidas extraordinarias para acompañar e axudar ás familias e empresas a paliar os efectos económicos derivados desta crise sanitaria mediante respostas anticipadas de financiamento ou xestión operativa coa mobilización de 8.300 millóns de euros.