• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA compromete 200 millóns para atraer investimentos ás áreas industriais da contorna de Vigo

  • O banco abre unha nova liña adicional de crédito para financiar proxectos de investimento e reforzar a competitividade da industria da zona sur de Pontevedra
  • A entidade financeira presenta o seu plan de financiamento nun encontro con Zona Franca e representantes das áreas empresariais de Vigo e a súa contorna

Walter Álvarez (quinto pola esquerda), xunto aos representantes dos espazos empresariais de Vigo e a súa área de influencia.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Walter Álvarez (cuarto pola esquerda), conversa cos responsables das áreas empresariais de Vigo e a súa contorna.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

25-05-2022
Negocio

ABANCA activou unha liña adicional de crédito dotada con 200 millóns de euros, ampliables a 300 millóns, para atraer proxectos de investimento que reforcen a competitividade das áreas industriais de Vigo e a súa contorna. Este compromiso de crédito é a medida máis destacada do novo plan de apoio financeiro presentado polo banco esta mañá en Vigo nun encontro con representantes das principais áreas empresariais do sur de Galicia.

Este plan, que o banco presenta por quinto ano consecutivo xunto a unha oferta financeira adaptada, diríxese ás empresas das áreas empresariais de Vigo, O Porriño, Tui, Mos, Salvaterra, Gondomar e Nigrán, coas que ABANCA mantén unha liña de colaboración financeira.

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, encargouse de expoñer os eixos desta iniciativa ante os representantes destes espazos industriais, e de explicar a súa oferta financeira, detallada nos acordos de colaboración conxunta que unen ao banco con cada un destes colectivos empresariais e que se renovaron onte. En representación das áreas empresariais participaron no encontro David Regades, delegado da Zona Franca de Vigo (promotora das áreas de Balaídos, Zona comercial de Bouzas, Parque tecnolóxico e loxístico de Vigo, Porto do Molle en Nigrán e do polígono industrial A Granxa); Indalecio Cuevas e David Sobral, presidente e secretario, respectivamente, da Entidade Urbanística de Conservación A Granxa; Santiago Gomara, presidente da Asociación de Empresarios de As Gándaras-Porriño; Francisco Domínguez, xerente da Asociación de Empresarios de Mos; Giorgio Casoni, presidente da Asociación Empresarial Areas-Tui; Juan Carlos Lemos Martínez, presidente da Asociación de Propietarios e Empresarios do Polígono Chan da Ponte - Salvaterra, e José Manuel Rodríguez, xerente da Asociación de Empresarios A Pasaxe - Gondomar.

Financiamento flexible e adaptado

A liña de crédito instrumentalízase a través de produtos financeiros con condicións especiais, pensados para impulsar proxectos de investimento, apoiar a modernización das empresas e mellorar a súa competitividade, así como para atender as necesidades do crédito do día a día da súa actividade. Neste sentido, as empresas destas áreas industriais poderán acceder a financiamento flexible, con amplos prazos de amortización e posibilidade de incorporar carencias, a través de préstamos, leasing e distintas alternativas de financiamento oficial. Do mesmo xeito, terán á súa disposición produtos deseñados para dar resposta ás necesidades correntes, como pólizas de crédito, anticipos, liñas de desconto comercial ou avais, así como fórmulas para xestionar o pago a provedores ou adiantar a cobranza de facturas. Finalmente, a oferta financeira inclúe tamén solucións específicas para comercio exterior.

O encontro propiciado por ABANCA cos representantes das áreas empresariais de Vigo e a súa contorna serviu tamén para coñecer de primeira man as inquietudes deste colectivo e abordar os desafíos do contexto actual, marcado pola recuperación tras a pandemia pola COVID-19 e as tensións económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína. Durante a súa intervención, o responsable de ABANCA en Vigo reafirmou o compromiso do banco coas empresas do sur da provincia, un dos polos máis relevantes do tecido empresarial galego, e lembrou que ten á súa disposición un plan de apoio para facilitar o acceso aos fondos europeos de recuperación Next Generation, con distintas solucións de financiamento e servizos de axuda para a tramitación as axudas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .