ABANCA concede 4.500 millóns en créditos durante os primeiros nove meses de 2014
Entre xaneiro e setembro, ABANCA concedeu 4.500,5 millóns de euros en novo crédito a particulares e empresas. Dous terzos do investimento outorgado pola entidade destináronse a Galicia. Deses 4.500 millóns, 2.356 millóns corresponden a operacións de hipotecas, préstamos ao consumo e circulante empresa, e o resto a volume financiado ao tecido empresarial a través de liñas de desconto, confirming, factoring e comercio exterior.
ABANCA adica especial atención ao apoio financeiro a pemes e autónomos, o que traduciu durante os nove primeiros meses do ano en incrementos de dous díxitos no crédito concedido a través de circulante (+21%), factoring (+40%), confirming (+40%) o comex (+43%).
Novo incremento de cota de crédito
ABANCA reforzou o seu posicionamento como primeira entidade financeira de Galicia. O banco aumentou 1,7 puntos porcentuais hasta xuño (últimos datos dispoñibles) en cota de crédito a particulares e empresas na súa Comunidade de orixe. Este novo crecemento ratifica o compromiso da entidade financeira de contribuír á dinamización da actividade crediticia en Galicia.
ABANCA tamén creceu en cota de depósitos no segundo trimestre do ano en máis de 2 puntos porcentuais. En depósitos a prazo en Galicia, a entidade incrementou durante o primeiro semestre do ano o seu saldo 4,5 veces máis que o resto de entidades financeiras xuntas.