• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA conclúe en seis meses a compra de Bankoa

  • O primeiro consello de administración da entidade vasca na súa nova etapa celebrouse hoxe en Donostia-San Sebastián, tras a firma da operación
  • As oficinas de Bankoa renovarán esta fin de semana a súa imaxe corporativa para reflectir a súa incorporación ao Grupo ABANCA
  • ABANCA supera os 93.000 millóns de euros de volume de negocio e suma 33 oficinas

Imaxe da firma da operación de compra.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Reunión do primeiro consello de administración de Bankoa na súa nova etapa dentro do Grupo ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

28-01-2021
Corporativo

ABANCA incorporou a Bankoa ao seu grupo tras a finalización do proceso de compravenda da entidade vasca iniciado o pasado mes de xullo. Coa incorporación de Bankoa, ABANCA supera os 93.000 millóns de euros de volume de negocio e suma á súa rede 30 oficinas e 3 axencias de empresas, situadas maioritariamente no País Vasco.

Tras recibirse as autorizacións finais do BCE e a CNMV, a compravenda de Bankoa completouse hoxe coa firma da operación. Na firma participaron, por parte de ABANCA, o presidente e o conselleiro delegado, Juan Carlos Escotet Rodríguez e Francisco Botas, por parte de Crédit Agricole Pyrénées Gascogne, o presidente, Marc Didier, o director xeral, Paul Carite, e o CFO, Fernando Villanueva, e por parte de Crédit Agricole S.A. (CASA), Francois Rameau, Senior Country Officer Iberia.

Na mañá de hoxe tamén tivo lugar o primeiro consello de administración de Bankoa na súa nova etapa dentro do Grupo ABANCA. Como proba da confianza de ABANCA no modelo e arraigamento territorial de Bankoa, mantéñense nas súas funcións os sete conselleiros externos e independentes da entidade vasca, así como o seu conselleiro delegado, Jesús Suárez.

Crecemento e complementariedade

Coa operación, ABANCA reforza o seu posicionamento incorporando un negocio complementario coa súa estratexia, con amplas posibilidades de desenvolvemento e baseado en activos de calidade. Ademais de complementar e aumentar a súa rede na cornixa norte, a incorporación de Bankoa reforza segmentos de negocio que son prioritarios no plan estratéxico de ABANCA, como empresas e xestión de patrimonios, e achégalle potencial de crecemento en liñas como circulante, negocios, consumo e seguros.

A entidade galegaSerás redirixido a outro sitio web aumenta o seu volume de negocio en 4.267 millóns de euros (1.754 en crédito á clientela, 1.496 en depósitos e 1.017 en fondos fóra de balance) até situalo en 93.850 millóns de euros. A súa rede comercial crece con 30 oficinas (e 3 axencias de empresas), situadas fundamentalmente en Euskadi, pero tamén en Navarra, A Rioxa e Madrid, e suma máis de 40.000 novos clientes entre particulares e empresas.

A compravenda de Bankoa inclúe a firma dun acordo comercial de ámbito internacional entre ABANCA e Crédit Agricole polo que cada unha delas pasa a ser socio de referencia preferente da outra naqueles países nos que só opere unha delas.

A integración de Bankoa en ABANCA non supón ningún cambio operativo para os clientes de Bankoa, que manterán como até agora as condicións dos seus contratos. Tampouco experimenta cambios o modelo de atención que reciben por parte do equipo de Bankoa, cuxas oficinas renovarán durante o fin de semana a súa rotulación para incorporar a imaxe corporativa de ABANCA.

Próxima integración tecnolóxica

Unha vez completado o proceso de compravenda, ABANCA inicia agora o proceso de integración de Bankoa na súa plataforma tecnolóxica. Este proceso, cuxa finalización está prevista para o último trimestre deste ano, permitirá aos clientes de Bankoa beneficiarse das vantaxes completas de pertencer ao Grupo ABANCA.

Entre elas destacan unhas maiores capacidades tecnolóxicas, atención persoal nunha rede de 700 oficinas en España e 70 noutros países, acceso a 1.100 caixeiros automáticos propios, especialización en segmentos como empresas, banca privada e persoal, seguros, agro, mar, e crédito ao consumo, maior diversificación do catálogo de produtos, e presenza internacional en 11 países de Europa e América.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

ABANCA inaugura na Coruña Espacio Avenida

20-02-2025
Corporativo Negocio

O banco contribúe á recuperación do patrimonio histórico no marco do seu compromiso coa Coruña e con Galicia.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .