• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA consolida a súa oferta de seguros propios cun novo produto de decesos

  • O banco afiánzase no mercado asegurador con produtos innovadores, sinxelos e personalizables nos principais ramos
  • O último dos lanzamentos, o seguro de decesos, é un produto que se adapta ás necesidades de cada cliente ou familia e pode contratarse a prima única ou con pago anual

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

07-05-2024
Negocio

ABANCA iniciou a comercialización do seu primeiro seguro propio de decesos, un lanzamento co que o banco consolida o seu posicionamento nos principais ramos do mercado asegurador cunha oferta competitiva de produtos centrados no cliente, innovadores e con múltiples opcións de personalización.

O novo seguro de ABANCASerás redirixido a outro sitio web destaca pola súa sinxeleza, estrutura modular e flexibilidade, que permiten configurar un produto a medida de cada cliente e incluír unicamente as prestacións que necesite. As coberturas básicas céntranse nun servizo fúnebre completo, con atención presencial personalizada aos familiares, e incorporan tamén, entre outros servizos, o traslado nacional e internacional da persoa falecida, así como asistencia psicolóxica e xurídica. A partir dese módulo esencial, o asegurado pode personalizar a póliza con outras garantías, como a sepultura, o borrado de pegada dixital, un paquete xurídico ampliado ou asistencia aos familiares en viaxe ao estranxeiro.

O produto conta con dúas modalidades de contratación, adaptadas a cada perfil de cliente. A opción a prima única diríxese a persoas a partir de 65 anos e permite pagar o seguro nun só recibo ao contratar a póliza. Con esta alternativa, o asegurado ten garantida a prestación do servizo funerario sen traspasar á familia a carga económica e a responsabilidade de contratalo no momento do seu falecemento. A outra das modalidades de contratación, de prima periódica, está pensada para seguros individuais e de carácter familiar, con descontos por número de asegurados e forma de pago anual, con opción de fraccionalo mes a mes de forma gratuíta a través da Tarifa Plana de ABANCA SegurosSerás redirixido a outro sitio web.

Con este novo lanzamento, ABANCA completa o seu catálogo de seguros propios cunha das modalidades máis habituais nos fogares españois. Segundo as últimas cifras difundidas por Unespa, a Asociación Empresarial do Seguro, ao peche de 2022 este seguro daba cobertura a 22,1 millóns de persoas no noso país e era unha das prestacións con maior penetración en canto a pólizas contratadas, cunha presenza significativa en, practicamente, todo o territorio nacional.

Oferta competitiva e diferencial no mercado

O de decesos é o sexto seguro integramente desenvolto en apenas tres anos pola entidade financeira a través da compañía ABANCA Seguros Generales (ASG), ao que precederon os lanzamentos dos seguros de coche, protección de pagos, negocios, fogar e saúde. Trátase dun catálogo innovador e diferencial no mercado, que destaca pola súa flexibilidade e as súas garantías personalizables, así como polo seu prezo competitivo e a súa calidade de servizo durante toda a vida da póliza. Ademais, todos os trámites relacionados con estes seguros (desde a simulación e contratación da póliza ata xestión de coberturas adicionais e tramitación de sinistros, entre outros) poden xestionarse desde unha plataforma dixital omnicanal única no mercado, á que o cliente poderá acceder desde a canle que elixa en cada momento.

“A nosa oferta de seguros propios, xunto a un modelo omnicanal de relación co cliente que prima a proximidade e a calidade de servizo, foron determinantes para dar un impulso significativo a unha liña de negocio estratéxica e prioritaria para ABANCA, e posicionarnos como un actor relevante na canle de bancaseguros en España”, resalta Sonia Lucio, directora xeral de ABANCA Seguros.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .