• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA controlará o 100% de CXG Aviva e recupera a libre comercialización de seguros na súa rede

  • A Corte de Arbitraxe da Cámara Oficial de Comercio e Industria de Madrid fixa un prezo de 267 millóns, fronte aos 430 reclamados por Aviva
19-09-2014
Corporativo

ABANCA xestionará de maneira directa o 100% do seu negocio de comercialización de seguros de vida e pensións de CXG Aviva, en virtude do laudo emitido hoxe pola Corte de Arbitraxe da Cámara Oficial de Comercio e Industria de Madrid.

De acordo co establecido neste laudo, que afecta as oficinas que comercializaban en exclusiva produtos de Aviva,  ABANCA adquirirá a Aviva o 50% que esta mantiña na joint-venture CXG Aviva, na que ambas, banco e aseguradora, eran socios. A Corte de Arbitraxe fixou para a compra dese paquete accionarial un prezo de 267 millóns, fronte aos 430 reclamados por Aviva.

A operación permite a ABANCA dispor, por un custo vantaxoso con respecto ao prezo de mercado, dunha compañía líder en Galicia e que engloba baixo una mesma estrutura produto, estratexia e servizo.

Comercialización e distribución

Aviva e ABANCA mantiñan desde 2001 diversos acordos para o desenvolvemento, comercialización e distribución de seguros persoais e plans de pensións a través da rede de Caixa Galicia. Esta alianza incluíu a adquisición por Aviva do 50% do capital de CXG Aviva.

A Corte de Arbitraxe da Cámara Oficial de Comercio e Industria de Madrid viña desenvolvendo desde 2012 un proceso encamiñado a resolver a reclamación exposta por Aviva en relación coa integración das caixas galegas e a posterior entrada do FROB no capital da entidade resultante.

“A decisión da Corte de Arbitraxe proporciónanos o control directo para integrar baixo o novo modelo de xestión de ABANCA a comercialización de pólizas de vida e pensións, un segmento clave no noso negocio de bancaseguros”, asegura Luís Beraza, director xeneral de Negocio España de ABANCA.

Bancaseguros ABANCA

A través da súa actividade de bancaseguros, ABANCA está presente nos segmentos de seguros de vida e pensións, non-vida, e grandes empresas e administracións.

En cada un deles ABANCA comercializa un amplo catálogo de produtos das compañías líderes que permite ao cliente elixir a opción que mellor se adapte ás súas necesidades específicas.

ABANCA presta servizos de asesoramento e comercialización de seguros para 425.000 clientes, tanto particulares como empresas. O número total de pólizas comercializadas por ABANCA ascende a 680.000 cun importe total de primas de 850 millóns de euros. No segmento de plans de pensións ABANCA xestiona un patrimonio de 887 millóns.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA transforma o edificio do seu principal centro de datos nun espazo máis funcional, eficiente e sostible

30-04-2026
Corporativo

ABANCA finalizou o proxecto de transformación integral do edificio no que se sitúa o seu principal centro de procesamento de datos (CPD) no polígono de POCOMACO (A Coruña), unha das principais infraestruturas tecnolóxicas da súa clase en Galicia.

De esquerda a dereita na imaxe, Pilar Ceide, da área de Proxectos de ABANCA, Juan de Dios Lechuga, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, e Juan Carlos Pan, da área de Proxectos de ABANCA.

ABANCA lanza a 12ª edición do seu Programa para Startups

08-04-2026
Corporativo

Nesta nova convocatoria, o programa de Venture Client de ABANCA Innova pon o foco en propostas tecnolóxicas que incorporen as últimas tendencias en intelixencia artificial, criptomoedas e procesos de tokenización, con potencial para transformar o sector financeiro.

Portátil en el que se muestra la web de la 12ª edición do Programa para Startups de ABANCA Innova
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .