ABANCA convértese no banco español con maior crecemento en valor de marca en 2019
- Trátase do único banco español que mellora a súa posición e emerxe como a decimoterceira entidade financeira a nivel global que máis medra neste estudo
- A entidade financeira apúntase un aumento do 55% que lle permite ascender 79 postos respecto ao 2018 no ranking mundial que elabora a consultora Brand Finance
ABANCA convértese no banco español con mayor crecemento de valor marca en 2019, tal e como revela un informe elaborado pola consultora especializada en valoración comercial de marca Brand Finance. Segundo o estudo “Brand Finance Banking 500”, ABANCA escala 79 postos no ranking de 2019 e se consolida como a única entidade financeira de España que mellora a súa posición respecto ao ano anterior.
Tal e como reflicte este informe independente, ABANCA incrementa o valor da súa marca un 55%, fronte a unha tendencia xeneralizada de empeoramento do sistema financeiro español. Esta notable mellora da fortaleza de marca converte ao banco na decimoterceira entidade que más medra no mundo, segundo esta análise.
A fortaleza de marca de ABANCA lle permite obter unha cualificación de “A+”, tras ascender desde o “AA-” que ocupaba no último informe. A consultora Brand Finance recoñece así o esforzo da entidade financeira por adaptarse ás novas tendencias do sector, ofrecer un servizo de confianza aos clientes e apostar pola innovación.
O informe “Brand Finance Banking 500” inclúe as 500 entidades financeiras máis relevantes en valoración de marca de todo o mundo. Este estudo, elaborado con distintos indicadores propios, pretende traducir o beneficio económico neto que produce a unha empresa a súa marca.