ABANCA convértese no maior patrocinador do Grupo Covandonga
- As dúas entidades asinaron un convenio mediante o cal a entidade financeira estará presente nas dependencias e equipamentos do Grupo
- O banco tamén ofrecerá apoio financeiro a distintas competicións deportivas
ABANCA e o Grupo Covadonga veñen de asinar un convenio de colaboración a través do cal a entidade financeira convértese no maior patrocinador do Grupo. O presidente do Real Grupo de Cultura Covadonga, Antonio Corripio, e o director territorial de ABANCA en Asturias e León, Marcos Lamas, subscribiron este acordo en Gijón e presentaron varios equipamentos coa marca ABANCA como mostra de como se vai a plasmar o acordo entre ambas as entidades.
“É un día histórico para o Grupo. Non hai antecedentes posibles, en Gijón e Asturias, en termos de apoio e patrocinio para unha sociedade polideportiva como a nosa”, indicou Antonio Corripio durante a presentación.
Coa firma deste convenio, ABANCA estará presente nos equipamentos das vinte e cinco seccións deportivas grupistas, pero tamén nas estancias do club e en todos os espazos publicitarios. Ademais, tamén patrocinará algunhas competicións deportivas como o torneo do Nadal de baloncesto, os 10 quilómetros do Grupo, torneos de tenis e pádel ou os campus deportivos estivais.
Pola súa banda, o director territorial de ABANCA en Asturias e León, Marcos Lamas, destacou o espírito e os valores deportivos que transmite o Grupo e asegurou que “non somos e non queremos ser unha entidade de fóra que ten presenza en Gijón, senón que os lazos que nos unen a esta cidade son moitos e queremos ser un axente moi activo da vida de Gijón”.
O acordo asinado entre ABANCA e o Grupo Covadonga ten unha duración de catro anos e inclúe a difusión da imaxe da entidade financeira en todos os soportes publicitarios do Grupo.