ABANCA convértese no principal patrocinador do ABANCA Galicia Classic Surf Pro os vindeiros tres anos
- Grazas ao acordo, o banco prestará o seu nome durante as próximas tres edicións da proba, xusto cando dá un salto de categoría histórico
- A entidade impulsará actividades durante a celebración do evento, potenciará a promoción da proba en toda Galicia e ofrecerá descontos entre os clientes asistentes
- O evento celebrarase este ano do 28 de agosto ao 7 de setembro na praia de Pantín
ABANCA impulsa a súa colaboración coa prova deportiva ABANCA Galicia Classic Surf Pro e convértese no seu patrocinador principal para os vindeiros tres anos. A competición de alto nivel que ten lugar na praia de Pantín adoptará xa na próxima edición, que terá lugar do 28 de agosto ao 7 de setembro, o nome da entidade financeira. Con este acordo, o banco e os organizadores da proba dan un novo impulso a unha historia de colaboración que cumpre sete anos.
Esta nova mostra máis do apoio de ABANCA á proba deportiva coincide cun importante fito para o ABANCA Galicia Classic Surf Pro, que medra de categoría. Por primeira vez en Europa, realizarase un dobre QS 10.000 en categoría masculina e feminina. A competición consolídase como un dos máis relevantes do mundo e comparte categoría con outras probas históricas.
A cita deste ano reunirá a máis de 350 deportistas de 31 nacionalidades, entre os que se atopan algúns dos mellores surfistas do mundo. Tamén está prevista a chegada de milleiros de asistentes, que gozarán durante once días dun dos eventos deportivos máis relevantes que se celebran en Galicia.
Actividades, accións comerciais e descontos
Pero o apoio de ABANCA a esta proba transcende o patrocinio e tradúcese tamén nun completo programa de actividades, accións comerciais e descontos. Como en edicións anteriores, o banco trasladará a súa oficina móbil á praia de Pantín, para poder realizar calquera operación.
Como novidade, aqueles asistentes que dispoñan ou se descarguen a aplicación Alavuelta poderán gozar de promocións nos stands presentes no ABANCA Galicia Classic Surf Pro. Ademais, os clientes de ABANCA tamén se poderán beneficiar de descontos nas compras que realicen no resto de tendas do evento se pagan coa súa tarxeta NX.
Nas semanas previas e durante a celebración do evento, está previsto que se poñan en marcha iniciativas comerciais dirixidas ao segmento novo, a través da tarxeta NX ou da Conta Clara. Tamén se darán a coñecer outras actividades nos perfís sociais da entidade financeira, dirixidos a incentivar a participación.
Terá tamén unha presenza destacada a Escola de Surf de ABANCA, que servirá para promover a práctica deste deporte entre os máis novos. Por último, o banco despregará nas súas oficinas e canais a distancia unha campaña de promoción do ABANCA Galicia Classic Surf Pro.