• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA convida a Galicia ao Premio Nobel da Paz 2014, Kailash Satyarthi

  • Con esta visita, ABANCA inicia un conxunto de iniciativas que teñen como obxectivo favorecer o emprendemento e colaborar na construción dun futuro mellor para a mocidade galega

Kailash Satyarthi, Premio Nobel de la Paz 2014.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

21-04-2015
RSC

Kailash Satyarthi, Premio Nobel de la Paz 2014, realizará unha visita institucional a Galicia os días 7 e 8 de maio para participar en varias actividades organizadas por ABANCA. A iniciativa enmárcase dentro do seu compromiso estratéxico co fomento do emprendemento e coa súa contribución na creación dun futuro para a mocidade galega.

Coa presenza do Nobel da Paz búscase promover o debate na sociedade galega, o sector privado e o terceiro sector, sobre o papel da educación no futuro dos mozos e a importancia dos principios éticos para lograr unha sociedade máis responsable e xusta.

O momento central da súa visita terá lugar na tarde do 7 de maio, no Palacio de Congresos da Coruña, onde o Nobel da Paz pronunciará unha conferencia aberta ao público e de carácter gratuíto. Durante o seu relatorio desenvolverá diferentes aspectos como a importancia de escoitar e apoiar aos nenos e mozos galegos xa que serán os líderes do mañá, a súa experiencia vital contra a utilización de nenas e nenos para traballos que non lles corresponden, e a necesidade de avanzar na construción dunha sociedade máis responsable.

O aforamento para a conferencia é limitado e será necesario confirmar asistencia a través do teléfono do servizo de venda de entradas Ataquilla (981 900 561) e recoller posteriormente a entrada en calquera oficina de ABANCA ou nos despachos de billetes de Afundación.

Durante a súa estancia en Galicia, Kailash Satyarthi terá oportunidade de escoitar a representantes sociais, políticos e empresarios e de coñecer a situación das oportunidades de formación e laborais da mocidade galega.

Encontro con máis de 350 mozos en Santiago de Compostela

A súa estancia en Galicia terminará no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Alí, máis de 300 mozos participarán nun encontro co Premio Nobel no que poderán realizarlle preguntas sobre a súa experiencia na loita pola defensa dos nenos e mozos no seu país de orixe ou sobre papel da educación na sociedade, entre outras moitas cuestións. Neste sentido, Kailash Satyarthi é todo un exemplo xa que dedicou a súa vida a loitar polo desenvolvemento da ética nos negocios e o impulso de medidas de protección do traballo infantil.

Acerca de Kailash Satyarthi

Kailash Satyarthi é o fundador da organización social Bachpan Bachao Andolan. Defensor dos dereitos humanos, iniciou en 1980 unha cruzada contra o traballo e o analfabetismo infantil. Como activista liderou o rescate de máis de 80.000 nenos en graves condicións de abandono e abuso laboral, e desenvolveu un modelo de éxito para a súa educación e rehabilitación social.

En 1998, Kailash Satyarthi organizou ‘A Marcha Mundial contra o Traballo Infantil’ coa que percorreu 103 países e mobilizou os esforzos internacionais para protexer e promover os dereitos de todos os nenos, especialmente o dereito a recibir unha educación gratuíta. Desde entón foi recoñecido internacionalmente pola inclusión do traballo infantil na axenda social e política global. O ano pasado foi recoñecido co Premio Nobel da Paz, galardón que compartiu con Malala Yousefzai.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .