ABANCA convida o director de orquestra Gustavo Dudamel á segunda edición de Palabras para Galicia
- O evento servirá para celebrar o 300 aniversario do nacemento do Banco Etcheverría
- Dudamel ofrecerá un concerto na Praza do Obradoiro coa Orquestra Sinfónica de Galicia, o Orfeón Donostiarra e a colaboración da Real Filharmonía
- Gustavo Dudamel, director artístico e musical da Filarmónica de Los Ángeles, elixiu a 9ª de Beethoven por considerala unha das grandes creacións da humanidade
- Durante a súa estancia en Galicia, coñecerá aos integrantes da orquestra ABANCA ReSuena e manterá un encontro con escolares galegos
Descarga los contenidos anexos
- Gustavo Dudamel Traxectoria profesional Gustavo Dudamel
- Gustavo Dudamel, protagonista da nova edición de Palabras Para Galicia O director artístico e musical da Filarmónica de Los Ángeles e director da orquestra Simón Bolívar Gustavo Dudamel visitará Galicia os días 5, 6 e 7 de xullo convidado por ABANCA como protagonista da segunda edición de Palabras para Galicia, iniciativa enmarcada dentro do compromiso estratéxico da entidade financeira galega co fomento do emprendemento e coa súa contribución á creación dun futuro para a mocidade galega.
O director artístico e musical da Filarmónica de Los Ángeles (California) e director da orquestra Simón Bolívar de Venezuela, Gustavo Dudamel visitará Galicia os días 5, 6 e 7 de xullo convidado como protagonista da segunda edición de Palabras para Galicia de ABANCA, iniciativa enmarcada dentro do compromiso estratéxico da entidade financeira galega co fomento do emprendemento e coa súa contribución á creación dun futuro para a mocidade galega.
A segunda edición de Palabras para Galicia de ABANCA, que leva o nome de 300 anos en sintonía, servirá para celebrar o 300 aniversario do nacemento do Banco Etcheverría, presidido por Javier Etcheverría de la Muela. O Banco Etcheverría é a entidade decana da banca española e está integrado en ABANCA desde 2014.
O momento central da visita do director venezolano será a noite do venres 7 de xullo co concerto da 9ª de Beethoven que Gustavo Dudamel dirixirá na Praza do Obradoiro e que se converterá, sen dúbida, nunha das citas culturais máis importantes do ano. No concerto participará a Orquesta Sinfónica de Galicia, o Orfeón Donostiarra, a soprano Marta Matheu, a mezzo-soprano Lida Vinyes Curtis, o tenor Marc Salga e o barítono Joan Martín-Royo, coa colaboración da Real Filharmonía.
Tanto a obra como os intérpretes foron elección de Gustavo Dudamel que considera a 9ª de Beethoven como unha das grandes creacións da humanidade polos valores universais que transmite e porque supuxo o gran cambio na historia da música. Segundo as súas propias palabras “é a demostración da capacidade da música de transcender as circunstancias, as sinfonías de Beethoven guíannos na nosa viaxe para descubrir as emocións humanas máis profundas e aspirar aos máis altos ideais”. Para Gustavo Dudamel, Beethoven é un artista de espírito infinito.
O outro aspecto de gran importancia para o director é a colaboración cunha orquestra galega, un coro español e solistas novos españois coa intención de apoiar e remarcar o nivel cultural español e galego ao redor dunha obra con tanto significado para a música como para o propio Gustavo Dudamel.
Concerto gratuíto
O concerto dirixido por Gustavo Dudamel terá carácter gratuíto e aforamento limitado polo que será necesario confirmar asistencia a partir dunha data e a través dun teléfono que ABANCA dará a coñecer no transcurso dos próximos días.
ABANCA ReSuena e encontro con escolares galegos
Durante a súa visita, Gustavo Dudamel terá ocasión de coñecer aos nenos e nenas que forman parte da orquestra ABANCA ReSuena e tamén manterá un encontro con escolares galegos aos que transmitirá a importancia da música como alicerce na educación e para o desenvolvemento ético e estético da sociedade.
Gustavo Dudamel, un dos directores máis aclamados do momento, recolle a testemuña de Kailash Satyarthi, primeiro invitado de Palabras para Galicia que defendeu durante a súa estancia en terras galegas a importancia de escoitar e apoiar os nenos e mozos galegos xa que serán os líderes do mañá e a necesidade de avanzar na construción dunha sociedade máis responsable.