• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA crece en cota de mercado de crédito e fortalece a súa posición de liderado en Galicia

  • O banco acumula dous anos de ganancia continuada de cota de crédito na comunidade e crece en todas as comunidades autónomas nas que opera en España
  • Dous terzos do financiamento concedido destínanse ao tecido produtivo galego
  • É a entidade financeira con maior crecemento en crédito en España ata marzo

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

20-06-2017
Negocio

A aposta de ABANCA polo financiamento ao tecido produtivo galego levoulle a elevar cota de mercado de crédito no primeiro trimestre do ano. Segundo os datos de peche dos tres primeiros meses de 2017 publicados onte polo Banco de España, ABANCA mellorou o seu posicionamento nas catro provincias galegas, cun crecemento da cota de mercado de crédito de 31 puntos básicos desde o peche de 2016 no conxunto de Galicia.

ABANCASerás redirixido a outro sitio web incrementou no trimestre o seu saldo de crédito en Galicia en 62 millóns de euros, mentres que o resto das entidades que operan nesta comunidade reduciron o volume en 292 millóns de euros.

Con este avance, ABANCA encadea dous anos consecutivos de ganancia de cota de mercado de crédito en Galicia. Esta evolución reafirma o liderado claro da entidade no mercado financeiro galego, onde xestiona practicamente catro de cada dez euros do seu volume de negocio. Esta cota en termos de negocio sitúase moi por encima da que a entidade ten en canto a rede de oficinas, na que tamén é líder cun 33% do mercado. A entidade conta na comunidade galega con 1,8 millóns de clientes e máis de 500 oficinas.

O 65% do crédito concedido pola entidade neste territorio destínase a pemes, micropemes, empresas e autónomos. ABANCA é a entidade de referencia para o tecido produtivo galego, ao financiar a dous de cada tres empresas e pemes da comunidade e dar servizos financeirosSerás redirixido a outro sitio web de comercio exterior ao 56% das empresas galegas con actividade exportadora.

Na comparativa sectorial a nivel estatal, ABANCA foi a entidade financeira que máis creceu en saldo de crédito e unha das dúas únicas que rexistrou unha variación positiva neste epígrafe ao peche do primeiro trimestre do ano. O banco aumentou o seu volume de crédito a clientes un 2,5% con respecto ao trimestre anterior, ata situarse en 26.283 millóns de euros, mentres que o conxunto do sector decreceu un 0,5% no mesmo período. A concesión de novo crédito experimentou un forte crecemento respecto ao primeiro trimestre de 2016 alcanzando o 36% no negocio con autónomos e pemes.

O dinamismo de ABANCA na concesión de financiamento permitiu á entidade incrementar cota de mercado de crédito en todas as comunidades autónomas nas que opera en España.

Especialización

A especialización por segmentos foi clave no impulso que ABANCA deu á concesión de financiamento. A entidade conta con unidades de negocio específicas para atender aos segmentos de empresas e pemes, micropemes, comercios e autónomos e aos sectores agro-gandeiro, marítimo e pesqueiro. Ademais, ABANCA é a única entidade con servizos especializados para empresas situadas en Galicia (departamento de mercados con mesa de negociación propia, comercio exterior, factoring, confirming, leasing, etc.).

Con este avance en cota de mercado, ABANCA reafirma o seu compromiso co desenvolvemento socioeconómico de Galicia, o seu principal ámbito de actuación, e coa concesión de financiamento a familias e ao tecido empresarial.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .