• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA culmina en Lugo a renovación do seu plan de impulso ás confrarías

  • A entidade financeira pecha cos principais pósitos da Mariña e coa federación provincial un acordo para ofrecer financiamento a medida aos profesionais do mar
  • Os principais axentes do sector en Lugo comparten unha mesa redonda que serve para enriquecer a colaboración co banco e debater sobre os retos
  • O encontro permite poñer en valor a proximidade e o coñecemento da unidade especializada ABANCA Mar e fixa na renovación da flota unha das prioridades do ano

O director territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez (no centro da imaxe), e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga (séptimo pola dereita), no encuentro coas confrarías de Lugo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez (segundo pola esquerda), e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga (primeiro pola dereita), durante a firma cos representantes das cofradías lucenses.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

17-01-2018
Negocio

ABANCASerás redirixido a outro sitio web completa con cinco das principais confrarías da Mariña e coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de LugoSerás redirixido a outro sitio web o seu plan integral de impulso ao sector. Trátase dunha estratexia conxunta que a entidade financeira renovou nos últimos meses cos principais pósitos de Pontevedra e A Coruña e que chega ao seu fin precisamente hoxe en Burela. En total, case 60 confrarías subscribiron o texto de colaboración e puideron compartir algunha das mesas redondas que o banco con sede en Galicia organizou.

A proposta transversal da entidade financeira para o mundo do mar completouse na sede da Confraría de Pescadores de Burela coa firma da renovación dos convenios. Contou coa participación, por parte de ABANCA, do director territorial en Lugo, Walter Álvarez; do director de ABANCA Mar, Javier Fraga; do director de zona de ABANCA na Mariña, Carlos Teijeiro, así como de diversos directores de oficina e xestores peme da territorial.

Por parte das confrarías tomaron partido José Basilio Otero Rodríguez (presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e patrón maior da Confraría San Juan Bautista de Burela), Domingo Rey Seija (patrón maior da Confraría Santiago Apóstolo de Celeiro), José Juan Lestegás Iglesias (patrón maior da Confraría de Foz), José Ángel Redondo Alba (patrón maior da Confraría de Ribadeo) e Javier Sánchez Fernández (patrón maior da Confraría de San Cibrao).

Financiamento da campaña e dos investimentos

Este novo texto toma a testemuña do anterior e mantén o acento no financiamento. Unha das demandas máis recorrentes do colectivo nos últimos meses é precisamente a renovación da flota, como paso necesario para gañar en competitividade e consolidar a súa posición. ABANCA ofrece para este fin a hipoteca naval, un produto determinante para acometer este proceso grazas á súa flexibilidade, amplos prazos de amortización e concesión de importes elevados.

O novo catálogo, que agora é máis amplo e próximo ás necesidades do colectivo, permite dar resposta ás oscilacións de combustible, grazas ás coberturas de gasoil. As peticións das confrarías tamén permitiron incluír unha oferta personalizada en seguros, que protexe as continxencias máis relevantes para pescadores e armadores.

A oferta sectorial contempla novas condicións e posibilidades para produtos de financiamento xa coñecidos como a póliza de crédito para o sector pesqueiro (con anticipo para paros biolóxicos), préstamo persoal, desconto comercial, confirming, liñas de comercio exterior, leasing mobiliario, avais, anticipos a subvencións ou pagamento de impostos e financiamento oficial a través do Igape e ICO.

O convenio renovado tamén medra en número de beneficiarios, xa que este ano a oferta faise extensible tamén aos traballadores das confrarías e non só aos pósitos e empresas do mar como ata agora.

A firma do convenio estivo precedida dunha mesa redonda na que os representantes de ABANCA e das confrarías debateron sobre os principais retos e oportunidades do sector. A entidade financeira mantén a través da súa unidade especializada ABANCA Mar un compromiso total co mundo do mar en Galicia e colabora activamente cos principais eventos e cos seus axentes máis destacados: desde armadores ata pescadores, pasando polos grupos de acción local (GALP).

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .