ABANCA deseña unha oferta á medida das necesidades dos titulados mercantís de León
A entidade financeira e o Colegio Oficial de Titulados Mercantiles de León rubrican un novo convenio que permite ofrecer produtos de financiamento e solucións adaptadas ao colectivo Os colexiados e as súas familias tamén poderán acceder aos produtos de ABANCA Persoal e a xestores especializados en seguros
ABANCA e o Colegio Oficial de Titulados Mercantiles de León impulsan a súa colaboración grazas a un convenio financeiro. Este novo texto, que foi rubricado hoxe na Oficina Principal de ABANCA na cidade leonesa, busca mellorar o acceso a financiamento dos titulados mercantís colexiados da provincia.
O decano do Colegio de Titulados Mercantiles de León, Antonio Jarrín, e o director territorial de ABANCA en León e Asturias, Marcos Lamas, foron os encargados de firmar este protocolo. Grazas a esta colaboración conxunta, os titulados mercantís e as súas familias beneficiaranse de condicións especiais na contratación de produtos e servizos da entidade financeira.
A oferta á medida inclúe un amplo catálogo de produtos que buscan reforzar a competitividade deste colectivo de profesionais. Entre eles, destacan as pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. Todo iso sen esquecer as fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que ABANCA mantén con diferentes organismos públicos.
O novo texto ofrece tamén condicións melloradas para colexiados e as súas familias nalgúns dos produtos exclusivos da entidade financeira como son o Préstamo 24 horas, a Tarifa Plana de Seguros, unha oferta de plans de pensións ou unha selección de fondos de investimento, entre outros.
Nesta mesma liña, ABANCA tamén pon a disposición do colectivo un préstamo dirixido á mellora competitiva dos titulados mercantís. Para iso, habilita unha alternativa de crédito especialmente dirixida ao desenvolvemento formativo e profesional, apta para financiar todo tipo de programas formativos xa sexa en calquera centro formativo público ou privado de España ou de calquera outro país.
Máis respostas, máis persoais
Outro dos puntos máis destacables do convenio é que os colexiados e as súas familias poderán acceder ao servizo de ABANCA Persoal. Esta unidade permite dar cobertura ás necesidades profesionais e familiares do colectivo a través dun servizo de asesoramento e xestión integrais. Ademais, poderán acceder a un catálogo de produtos propio adaptado ás súas peticións de rendibilidade e risco. Por último, terán á súa disposición xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica.
Do mesmo xeito, os colexiados e as súas familias poderán acceder ás vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e as súas tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.