• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA desprega o seu novo modelo de oficina máis especializada en Avilés

  • As novas instalacións abren tras unha profunda reforma que permitiu modernizar os postos de atención e incorporar dispositivos autoservizo de última xeración
  • A sucursal ofrece agora atención para Pemes e Empresas e Negocios e conta cun xestor especializado en Previsión e Planificación Social

Novas instalacións da oficina de Avilés.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Novas instalacións da oficina de Avilés.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Novas instalacións da oficina de Avilés.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

26-04-2018
Negocio

ABANCA implanta en Avilés o seu novo modelo de oficina tras a reforma das instalacións situadas na rúa Cuba, 1. Esta profunda mellora permite á entidade financeira habilitar un espazo máis moderno e con maiores prestacións para os clientes e empregados. A nova oficina comeza a prestar servizo hoxe e esta mesma tarde está previsto que o director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa; o director territorial de ABANCA en León e Asturias, Marcos Lamas; e o director de zona de ABANCA en Asturias, José María Jardón, participen nun acto de presentación ante medio centenar de personalidades relevantes da vida política, económica e social da cidade.

As instalacións redeseñáronse totalmente seguindo o novo modelo de oficina que ABANCA está a implantar nalgún dos seus centros máis relevantes e que en Asturias xa estrearon as oficinas de Oviedo-Calle Asturias e Xixón-Chairo. Unha concepción do espazo vangardista para un espazo emblemático de Avilés, que vai permitir á oficina mellorar a atención ao cliente e ofrecer as solucións tecnolóxicas máis innovadoras do mercado.

Un dos sinais de identidade do novo modelo de oficina pasa por potenciar a transparencia, xa que se eliminan os despachos. No seu lugar, a nova oficina de Avilés contará con dúas salas de reunións adaptadas ás necesidades dos clientes. A vocación comercial estará reflectida en tres espazos de atención para clientes no que os empregados darán resposta en mobilidade con dispositivos Surface. Os xestores terán tamén á súa disposición seis postos de xestión para as operacións non presenciais. Por último, a oficina contará con dous postos de atención transaccional para a operativa de efectivo e as tarefas máis administrativas.

A especialización e a dixitalización, no centro da estratexia

Esta reforma vai permitir un salto cualitativo na especialización da súa oferta, na aposta pola atención personalizada e por dar respostas adaptadas a cada segmento. Esta mellora permite a ABANCA consolidar a súa posición en Avilés tamén a través dunha oferta máis especializada. Non en balde, os clientes contarán desde este momento con tres xestores especializados: un en Pemes e Empresas, outro en Negocios e un último en Previsión e Planificación Social ( PPS).

A reforma da oficina tamén permite gañar en axilidade á hora de realizar as operacións máis habituais e en oferta de servizo a disposición dos clientes. As novas instalacións albergarán un “Pool de autoservizo 24 horas” cun caixeiro de última xeración que permite realizar ingresos en firme, pagos de recibos en efectivo e outras operativas con moedas. A estratexia de dixitalización do banco complétase nesta oficina habilitando unha rede WIFI gratuíta para que os clientes poidan realizar de maneira autónoma as súas operacións máis habituais desde os seus propios dispositivos.

ABANCA é o banco con maior implantación no noroeste de España, presente ademais nas principais localidades do resto do país. Con trece oficinas en Asturias, dúas delas centradas en empresas, ABANCA ofrece un servizo integral con produtos especialmente adaptados a empresas e particulares.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .