• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA destina 3 millóns á Fundación Deporte Galego para apoiar a un centenar de clubs e 15.000 deportistas

  • O banco impulsa a súa faceta social investindo en valores que potencian o traballo en equipo, a deportividade ou a consecución de metas

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

12-03-2015
RSC

ABANCA é a Patrocinadora Oficial do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia, tras a sinatura do acordo de colaboración subscrito coa Fundación Deporte Galego. A firma supón unha achega de ABANCA de tres millóns de euros para os próximos cinco anos, tal e como recolle o convenio asinado. Un total de 100 clubs galegos, un milleiro de equipos, case 15.000 federados de 22 especialidades deportivas diferentes e deles 10.000 nenos e nenas pertencentes á canteira dos clubs poderán beneficiarse do acordo.

O apoio de ABANCA  terá como obxectivo os equipos de alta competición incluídos nos programas da Fundación que contan con equipos en categoría base, estimándose que esta medida alcanzará a máis de 10.000 nenos e nenas de Galicia.

Por parte de ABANCA, o seu vicepresidente Juan Carlos Escotet Rodríguez cualificou o acordo “como un fito no deporte galego e un forte impulso ao deporte base que reforza o compromiso de ABANCA coa promoción de valores socialmente responsables”. Escotet Rodríguez afirmou que “ABANCA da un empurrón á práctica do deporte base en Galicia, comprométese coa cultura do esforzo e redobra a súa aposta polo desenvolvemento persoal e académico dos nenos e nenas galegos a través dos valores vinculados a actividades deportivas”.

Durante a firma do acordo, o secretario xeral para o Deporte, e vicepresidente da Fundación Deporte Galego, José Ramón Lete Lasa, agradeceu a ABANCA o seu compromiso co deporte galego, e a súa especial sensibilidade para participar nesta actuación.

A representación dos deportistas recaeu na xogadora de fútbol sala Vanessa Sotelo, recentemente nomeada Mellor Deportista de Galicia 2014. A xogadora agradeceu a colaboración de ABANCA no programa e destacou “aa importancia vital que estes cordos teñen para os deportistas de base”.

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia é un programa posto en marcha pola Fundación Deporte Galego na temporada 2009/2010 que, neste exercicio 2015, está dotado con 2.420.000 euros e vai destinado a máis dun centenar de equipos, o que supón un 26% de incremento tanto no orzamento como no número de equipos respecto do ano pasado.

Desde o seu inicio en 2009, a Fundación patrocina os principais equipos galegos con máis de dez millóns de euros, chegando neste exercicio a 15.000 deportistas e 22 especialidades deportivas: atletismo, bádminton, baloncesto, balonmán, béisbol, bolos, ciclismo, esgrima, fútbol, fútbol sala, halterofilia, hóckey herba, hóckey liña, hóckey patíns, baloncesto en cadeira de rodas, piragüismo en pista, kaiak polo, remo, rugby, tenis de mesa, tríatlon e  voleibol.

Un proceso transparente

O sistema de adxudicación do Plan establece ata 14 criterios obxectivos que xeran unha cualificación numérica para cada club e que ofrece unha puntuación única. Entre eles, destacan o número de competicións nas que participen, as licencias coas que conten, o ámbito das ligas ou a traxectoria nas últimas temporadas.

Unha vez determinada a cualificación de cada conxunto, seleccionaranse os equipos que contarán co apoio da entidade financeira galega, que formalizará acordos individuais con cada un dos clubs que participan nesta convocatoria.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .