ABANCA devólvelle ás familias ata o 7% dos seus seguros por agrupalos nun único recibo mensual
- A entidade lanza unha tarifa plana que permite unha xestión integral de todas as pólizas da unidade familiar e o fraccionamento gratuíto das primas en 12 cotas
- O cliente poderá aprazar sen custo o pago de ata dúas cotas mensuais ao ano
ABANCA acaba de lanzar unha innovadora tarifa plana de seguros que lle permite ao cliente agrupar gratuitamente todas as pólizas da súa familia nun único produto, e repartir o custo anual das primas en cotas mensuais idénticas.
O cliente poderá fraccionar en 12 meses, sen xuros nin comisións, o custo dos seguros da súa unidade familiar –saúde, auto, vida, fogar e decesos- que teña contratados con ABANCA. Deste xeito, aboará un único recibo mensual con idéntico importe en lugar de ter que facer fronte a pagamentos de cantidades elevadas de primas anuais no momento en que venza cada seguro.
O programa ofrece tamén a posibilidade de aforrar ata un 7% do importe do recibo mensual, en función dos seguros incluídos. Se o cliente agrupa os cinco ramos de seguros adheribles á Tarifa Plana, ABANCA devolveralle o 7% da súa cota mensual. A porcentaxe mínima de bonificación, con tres ramos de seguros agrupados, é do 3%.
Produto sinxelo e innovador
A Tarifa Plana de ABANCA Seguros é un produto sinxelo e moi diferenciador respecto á oferta actual existente no mercado. O seu funcionamiento é semellante ao dunha tarxeta que permite o aprazamento de compras sen custo para o cliente. ABANCA financia de xeito gratuíto en 12 meses o importe total que debe aboar o cliente por todos os seus seguros e os da súa familia (non é necesario que haxa un único tomador). O pagamento ás aseguradoras é anual, polo que o cliente se beneficia do mellor prezo polo xeito de pagamento. Ademais, as condicións poden modularse ano a ano, non se esixen primas mínimas nin se establecen prazos determinados.
Outra das vantaxes do novo produto de seguros de ABANCA é que permite o aprazamento gratuíto de ata dúas mensualidades ao ano no caso de que o necesite o cliente.
Ademais, o cliente recibirá un solo extracto periódico con toda a información dos seus seguros e detalle das coberturas, e terá á súa disposición un teléfono único gratuíto para consultas.
Con esta nova solución financeira pensada para as familias, que posibilita unha xestión integral de todos os seguros dos clientes particulares, ABANCA avanza na súa estratexia de mellorar a calidade de servizo a través dunha oferta de valor diferencial e dunha atención e asesoramento personalizados.