• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA doa un millón de euros ás vítimas da DANA

  • O obxectivo é axudar ás numerosas persoas que atravesan unha situación crítica e que necesitan a colaboración de todos para paliar os efectos da catástrofe
  • A doazón será distribuída entre Cruz Vermella Española e Cáritas Española

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

01-11-2024
RSC

ABANCA realizou unha doazón dun millón de euros para as vítimas da DANA que arrasou a Comunidade Valenciana. O obxectivo é axudar ás numerosas persoas que atravesan unha situación crítica e que necesitan a colaboración de todos para paliar os efectos da catástrofe. A doazón será distribuída entre Cruz Vermella Española e Cáritas Española.

ABANCA activou ademais unha conta solidaria para todas aquelas persoas ou entidades que queiran facer donativos: ES80 2080 7208 3385 3000 7122.

A doazón económica realizada hoxe únese ao resto de medidas adoptadas desde o primeiro momento, como a prioridade na atención dos sinistros, unha liña de financiamento con condicións preferentes e un labor de apoio sobre o terreo a clientes, empresas e persoas damnificadas para ofrecerlles a axuda que necesiten.

Desde ABANCA Seguros continúase dando prioridade aos sinistros ocasionados polos danos causados e habilitouse unha liña de atención telefónica 900 815140 para que todas as persoas poidan ser atendidas o máis axiña posible.

Ademais, a entidade financeira ten activa unha liña de financiamento de ata 150 millóns para atender a clientes e empresas polos danos ocasionados, especialmente no sector agro, da Comunidade Valenciana, Murcia e Andalucía oriental.

ABANCA ten outra liña de axuda aberta, a través do programa solidario «Cultura por alimentos» da súa Obra Social. Trátase dunha liña de doazón mentres resulte necesario de toda a recadación en produtos non perecedoiros aos bancos de alimentos das zonas prexudicadas e para quen se atope en situación de maior vulnerabilidade. Con esta vocación solidaria, Afundación animou a todas as persoas a participar neste chamamento e achegarse a calquera das súas sedes, onde poderán depositar os alimentos non perecedoiros nos contedores habilitados para o efecto.

ABANCA quere trasladar a súa solidariedade coas vítimas e mostrar o seu apoio e recoñecemento aos servizos de emerxencia e voluntarios. A entidade seguirá atenta ás necesidades a curto e medio prazo que vaian detectando os equipos da zona para contribuír a paliar os efectos devastadores desta DANA.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA doa un millón de euros e abre unha liña de apoio de 150 millóns para as zonas afectadas polos incendios

19-08-2025
RSC

A entidade habilita a súa conta solidaria para recibir e xestionar doazóns.

ABANCA e Funcas amplían a súa colaboración para impulsar a cultura financeira da sociedade

01-07-2025
RSC

O banco promoverá dous novos proxectos educativos dirixidos a profesorado e mozos deportistas, volverá patrocinar Young Business Talents e achegará a novas cidades a exposición interactiva ‘Ítaca’.

O director xeral de RSS e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, e o director xeral de Funcas, no momento da sinatura do acordo.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .