ABANCA e a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo presentan o peche do ciclo Outono Lírico
- Cavalleria Rusticana e Pagliacci son as óperas escollidas para poñer o broche o vindeiro 20 de decembro a unha programación lírica que tamén contou con conferencias e proxeccións temáticas
Descarga los contenidos anexos
ABANCA e a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo presentaron esta mañá o último concerto de Outono Lírico 2015. O acto, que tivo lugar na sede institucional de ABANCA en Vigo, contou coa presenza do director territorial da entidade financeira en Vigo, Jorge Martínez, así como do director artístico da Asociación de Amigos da Ópera de Vigo, Daniel Diz. Á presentación tamén asistiron Jorge Rubio e Marco Carniti, director musical e director de escena da obra, respectivamente; así como algúns dos cantantes destas óperas.
Coa actuación do próximo domingo 20 de decembro ás 19.30 horas no Teatro Afundación, Outono Lírico 2015 conclúe unha nova edición na cidade. As óperas Cavallería Rusticana (de Mascagni) e Pagliacci (de Ruggero) foron as escollidas para o final dunha temporada que se iniciou o 24 de outubro con Curlew River (de Benjamin Britten) e que continuou o 8 de novembro con L’elisir d’amore (de Gaetano Donizetti).
Outono Lírico 2015 baixa o pano a unha exitosa tempada
Para esta última representación escolléronse as óperas Cavallería Rusticana, de Pietro Mascagni, e Pagliacci de Ruggero Leoncavallo. Trátanse dunhas producións conxuntas da Asociación de Amigos da Ópera de Vigo e do Teatro Cervantes de Málaga, que se estrean en Vigo. As dúas representacións contan co valor engadido de facer servir o mesmo vestiario co que contou no Teatro Real de Madrid.
Estas obras, estreadas no 1890 e 1892, son consideradas como os máximos expoñentes do xénero operístico coñecido como verismo que dominou a escena operística italiana e europea a finais do século XIX e principios do século XX. Precisamente considérase que foi Cavalleria Rusticana o primeiro exemplo deste xénero.
No verismo, ao igual que no realismo literario, os protagonistas son personaxes humildes, sinxelos, que viven descarnados dramas amorosos que rematan en traxedia nun ambiente rural e costumista. Ambos compositores non puideron reeditar o éxito que obtiveron con estas obras.
Para representar estes dous títulos contarase cun importante reparto como María Luisa Corbacho, Javier Palacios, Eduardo Sandoval, Rodrigo Esteves, Borja Quiza, Virginia Wagner, Javier Agulló ou Milagros Martín. Como é habitual, a Orquestra Vigo 430 estará no foso coa dirección musical, nesta ocasión, de Jorge Rubio. Tamén participará o Coro Universitario de Vigo dirixido por Nuria Lorenzo.