• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a Cámara de Cáceres comprométense co tecido produtivo e impulsan a sostibilidade

  • As dúas entidades rubrican un acordo de colaboración que busca a mellora da produtividade grazas ás solucións de crédito a medida
  • O banco pon en valor a súa experiencia no mercado portugués e ofrece ás empresas cacereñas solucións para operar no mercado transfronteirizo
  • ABANCA súmase á iniciativa “Cáceres Impulsa” da Cámara, que busca atraer inversores, e planifica sesións para abrir vías de colaboración ante o reparto dos fondos Next Generation da UE

O director de Institucional de ABANCA en Centro-Norte e Estremadura-Sur, Víctor Ortiz, o presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Servizos de Cáceres, Gabriel Álvarez e o director territorial de ABANCA en Estremadura-Sur, Óscar Salgado, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Servizos de Cáceres, Gabriel Álvarez e o director territorial de ABANCA en Estremadura-Sur, Óscar Salgado, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

08-04-2021
Negocio

ABANCA e a Cámara de Comercio, Industria e Servizos de Cáceres acaban de asinar un convenio de colaboración que permitirá á entidade financeira dar un paso máis no apoio á sostibilidade e ás necesidades de crédito do tecido produtivo e agrogandeiro desta provincia estremeña. No contexto da crise sanitaria e económica xerada pola COVID-19, o banco comprométese coa viabilidade e o crecemento da economía da provincia.

O documento foi asinado hoxe por parte do banco polo director territorial de ABANCA en Estremadura-Sur, Óscar Salgado Seijas, o director de Institucional de ABANCA en Centro-Norte e Estremadura-Sur, Víctor Ortiz, e polo presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Servizos de Cáceres, Gabriel Álvarez Arroyo.

Grazas a este acordo, as empresas ubicadas en parques empresariais e industriais e as dedicadas a actividades agrogandeiras, vitivinícolas e forestais, terán acceso a un plan de financiamento que responderá de forma íntegra ás súas necesidades. No acordo inclúense produtos e servizos que lles permitirán levar a cabo investimentos e reforzar a competitividade dos seus proxectos.

ABANCA, a través deste convenio, amosa tamén a súa colaboración co proxecto ‘Cáceres Impulsa’ da Cámara, que ten como obxectivo principal a busca de inversores que queiran abrir os seus negocios en zonas rurais desta provincia estremeña para facilitar o seu desenvolvemento demográfico e económico.

Nesta mesma liña de impulso dos proxectos de futuro, as dúas entidades mostraron a súa predisposición a abrir vías de colaboración estreitas sobre os fondos de recuperación Next Generation da Unión Europea. Para a súa xestión, o banco conta coa área Next Generation ABANCA, que ten como obxectivo facilitar o acceso á información e ás axudas dos proxectos que a soliciten.

Un paso máis cara á sostibilidade

Ademais de cubrir as necesidades máis inmediatas, ABANCA trata de mellorar a produtividade e de reforzar a competitividade a través do avance na sostibilidade e a busca do impulso da industria transformadora do sector primario naquelas empresas que queiran modernizar as súas instalacións. Por iso, o acordo tamén inclúe unha oferta financeira para a instalación de equipos de enerxías renovables que permitirán un futuro moito máis sostible para a provincia extremeña.

A ampla experiencia de ABANCA no mercado crossboder con Portugal, país no que a entidade financeira tamén está presente, é unha garantía para as empresas cacereñas con vínculos ao outro lado da fronteira. Isto tradúcese en respostas máis áxiles en moitas das necesidades diarias destas empresas como transferencias, créditos documentarios, remesas, xestión de cobros e pagos ou alternativas de crédito. O banco dispón tamén dunha ampla rede de oficinas no país veciño e pon o foco no mercado ibérico, tanto para as compañías españolas con actividade en Portugal, como para as empresas portuguesas que operan en España.

Os asociados terán á súa disposición produtos deseñados especificamente, como préstamos persoais e hipotecarios, ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización e intereses moi competitivos. No acordo inclúense tamén solucións para cubrir as necesidades máis inmediatas e, deste modo, poder adecuarse á actividade produtiva diaria. Así, o colectivo terá á súa disposición outros produtos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, confirming, factoring ou avais, no caso das empresas de parques empresariais e industriais.

Este último grupo tamén poderá gozar das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, co que poderá deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. Así mesmo, no acordo detállase a posibilidade de que os profesionais da industria se beneficien de tarifas personalizadas na alta e no mantemento de dispositivos TPV físicos e virtuais.

ABANCA fai fincapié no seu compromiso con ambos sectores grazas ao apoio que ofrece ás necesidades actuais dos asociados, que debido á crise da COVID-19 víronse moi acentuadas. Deste modo, o banco activa as liñas de financiamento oficiais do organismo público ICO, SGR nacionais e SAECA e pon a disposición das empresas agrogandeiras, vitivinícolas e forestais a súa unidade especializada, ABANCA Agro, que ofrece unha gran cantidade de produtos adecuados ao sector e tramitados por profesionais especializados.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .