• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a Cámara de Comercio de Tui doan máis de 5.000 quilos de comida ao Banco de Alimentos de Vigo

  • As entidades lanzaron unha nova campaña conxunta para recoller produtos de primeira necesidade para familias desfavorecidas
  • Clientes, empregados e colaboradores puideron participar nesta iniciativa solidaria desenvolvida entre o 28 de maio e o 15 de xuño en once oficinas do sur de Pontevedra

José Gómez, vicepresidente da ONG SOS Tomiño; Iván Martínez, vicepresidente do Banco de Alimentos de Vigo; Gumersindo Alonso, presidente da Cámara de Comercio de Tui; Jorge Martínez, director territorial de ABANCA en Vigo; Pedro Pereira, presidente do Banco de Alimentos de Vigo e Emilio Martínez, vicepresidente de Acubam, durante o acto de presentación dos resultados da campaña de recollida de alimentos.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

28-06-2018
RSC

ABANCASerás redirixido a outro sitio web, a Cámara de Comercio de TuiSerás redirixido a outro sitio web e o Banco de Alimentos de VigoSerás redirixido a outro sitio web presentaron hoxe os resultados da campaña solidaria de recadación de fondos promovida conxuntamente pola entidade financeira e a organización cameral. Grazas a esta acción o Banco de Alimentos poderá entregar máis 5.000 quilos de comida a familias sen recursos.

Os alimentos, produtos básicos non perecedoiros, foron adquiridos cos donativos reunidos entre o 28 de maio e o 15 de xuño en once oficinas da entidade financeira no sur da provincia de Pontevedra. En concreto, a campaña desenvolveuse nas sucursais de ABANCA situadas nos municipios de Tui, O Porriño, Salceda, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia, todas elas dentro da área de influencia da Cámara de Comercio de Tui.

Os clientes, empregados e colaboradores puideron doar ‘cestas’ solidarias con diferentes produtos a favor do Banco de Alimentos de Vigo a través de achegas económicas de 10, 20 ou 25 euros na conta que a asociación benéfica ten aberta en ABANCA. Ademais, a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo instalou varias caixas nas empresas da demarcación da Cámara de Comercio de Tui co fin de que os traballadores puidesen doar produtos de primeira necesidade.

A campaña permitiu reunir bricks de leite, botellas de aceite, alimentos infantís, paquetes de pasta, arroz ou legumes, botes de conservas de peixe e vexetais, entre outros artigos. Igualmente, as empresas participantes realizaron importantes achegas económicas en favor do Banco de Alimentos.

O acto, celebrado na sede institucional de ABANCA en Vigo, contou coa asistencia do presidente e vicepresidente do Banco de Alimentos, Pedro Pereira e Iván Martínez, respectivamente; o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso; o director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez; así como dos representantes dalgunhas das asociacións, empresas e ONGs que participaron nesta acción solidaria.

Este ano, por primeira vez, súmanse á campaña a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (AcuBam) que integra a produtores de planta ornamental e doutros cultivos de froita, flor e hortalizas; a subministradores e industria agroalimentaria en xeral; e Clúster do Granito, constituído polas empresas pertencentes ás distintas asociacións do sector da pedra natural: extractores, transformadores e fabricantes de maquinaria, todos eles pertencentes a este sector estratéxico da demarcación cameral.

Banco de Alimentos de Vigo

O Banco de Alimentos de Vigo, creado en 1995, axuda na actualidade a unhas 150 entidades, asociacións e ONGs da provincia de Pontevedra -incluída a súa colaboración directa con SOS Baixo Miño-, a través das cales reparte comida a unhas 25.000 persoas con dificultades. Durante 2017, a ONG repartiu preto de 1,9 millóns de quilos de comida. Esta entidade sen ánimo de lucro dedica os seus esforzos a facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable.

Esta iniciativa enmárcase dentro da política de responsabilidade social corporativa de ABANCA. A entidade financeira pretende mostrar o seu compromiso e dar resposta aos principais problemas da nosa contorna, entre os que figura a loita contra a exclusión social.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .