• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a Cámara de Comercio de Tui entregan 77 ‘cestas’ de comida ao Banco de Alimentos de Vigo

  • Os alimentos adquiríronse cos donativos recadados durante cinco días en oito sucursais nunha acción solidaria organizada polas dúas entidades

No acto de entrega estiveron presentes o presidente do Banco de Alimentos, Pedro Pereira Carballo; o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Guimersindo Alonso Gestoso; o director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez Martínez, e a directora de Responsabilidade Social Corporativa do banco, Tatiana Suárez Cancelo, así como dos directores das sucursais que participaron nesta acción solidaria.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-09-2015
RSC

ABANCA e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Tui entregaron hoxe á Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo 77 ‘cestas’ de comida, no marco da campaña solidaria de recadación de donativos desenvolvida conxuntamente por ambas as dúas entidades baixo o lema ‘Únete ao proxecto solidario’.

Os alimentos, produtos básicos non perecedoiros, foron adquiridos cos donativos reunidos durante cinco xornadas en oito oficinas da entidade financeira no sur da provincia de Pontevedra. A campaña permitiu reunir, entre outros artigos, case 200 litros de leite e aceite, máis de 100 quilos de arroz, un centenar de caixas de papas de cereais e purés infantís, ademais de conservas de peixe e vexetais, legumes e leite infantil.

O acto de entrega, realizado nas instalacións do Banco de Alimentos de Vigo, contou coa asistencia do presidente do Banco de Alimentos, Pedro Pereira Carballo; o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Guimersindo Alonso Gestoso; o director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez Martínez, e a directora de Responsabilidade Social Corporativa do banco, Tatiana Suárez Cancelo, así como de directores das sucursais que participaron nesta acción solidaria.

A campaña ‘Únete ao proxecto solidario’ desenvolveuse entre o 20 y o 24 de xullo nas sucursais de ABANCA localizadas nos municipios de Tui, Porriño, Salceda, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia. A través de achegas económicas de 10, 20 y 25 euros, podíanse doar ‘cestas’ solidarias con diferentes produtos non perecedoiros ou alimentos infantís, en favor do Banco de Alimentos de Vigo.

Banco de Alimentos de Vigo

O Banco de Alimentos de Vigo, creado en 1995, axuda na actualidade a unhas 150 entidades, asociacións e ONGs da provincia de Pontevedra -incluída a colaboración directa con SOS Baixo Miño-, a través das cales reparte comida a unhas 21.000 persoas. Dende a súa nave, localizada en San Pedro de Sárdoma, saen mensualmente uns 70.000 quilos de alimentos. Ata o 31 de agosto deste 2015, o Banco de Alimentos de Vigo distribuíu case 900.000 quilos de comida a través das 150 ONGs, colectivos e asociacións aos que axuda. Unhas 25.000 persoas con dificultades recibiron alimentos básicos de primeira necesidade.

ABANCA enmarca esta iniciativa na súa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa e compromiso coa contorna. Dende o ámbito da xestión socialmente responsable, a primeira entidade financeira galega tenta dar resposta aos principais retos que presenta o actual contexto socioeconómico, entre os que figura a loita contra a exclusión social

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .