• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a Cámara de Comercio de Tui reeditan a campaña para recadar fondos a favor do Banco de Alimentos de Vigo

  • As tres entidades impulsan o seu traballo conxunto cunha iniciativa solidaria que se desenvolve desde hoxe e ata o 7 de xuño en dez sucursais do sur de Pontevedra
  • O importe recadado entre clientes, empregados e colaboradores servirá para comprar cestas con alimentos de primeira necesidade como arroz, leite, aceite ou purés

O presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Pedro Pereira, o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso, e o director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez, durante a presentación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Pedro Pereira, o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso, e o director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez, durante a presentación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

25-05-2016
RSC

ABANCASerás redirixido a outro sitio web, a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Tui e o Banco de Alimentos de VigoSerás redirixido a outro sitio web presentaron esta mañá en Tui unha nova edición da súa alianza solidaria. O director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez, o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso, e o presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Pedro Pereira, detallaron o funcionamento dunha campaña conxunta de recollida de fondos que arranca hoxe mesmo en dez oficinas da entidade financeira.

A iniciativa “Únete ao proxecto solidario” desenvolverase ata o vindeiro 7 de xuño nas sucursais de ABANCASerás redirixido a outro sitio web do Porriño, Tui, Tomiño, Salceda, Oia, A Guarda e O Rosal, o dobre de tempo que o ano pasado. Os clientes, empregados e colaboradores que así o desexen poderán realizar un ingreso de 10, 20 ou 25 euros na conta que o Banco de Alimentos de Vigo ten aberta na entidade (ES47 2080 5066 7930 4002 9059). Estas oficinas contarán con materiais publicitarios para incentivar a recollida de fondos.

Cada donativo trocarase por unha cesta con alimentos de primeira necesidade que poderá ser básica, completa ou infantil, dependendo do importe. Estes packs inclúen provisións non perecedoiras como aceite, leite, arroz, conservas, pasta, papas de cereais ou purés, entre outros. ABANCA e a Cámara de Comercio de Tui entregarán ao Banco de Alimentos de Vigo os alimentos nun acto público, unha vez finalice a campaña.

As tres entidades suman novamente as súas forzas tras o éxito da pasada edición, na que se recolleron case 200 litros de leite e aceite, máis de 100 quilos de arroz, un centenar de caixas de papas de cereais e purés infantís, ademais de conservas de peixe e vexetais, legumes e leite infantil.

Simultaneamente ao desenvolvemento desta campaña solidaria, a Cámara de Comercio de TuiSerás redirixido a outro sitio web instalará tamén caixas do Banco de Alimentos en diferentes empresas asociadas á entidade. Trátase da segunda ocasión na que traballadores da demarcación cameral poderán entregar alimentos. Durante 2015, esta acción solidaria traduciuse en máis de 3.000 quilos de comida non perecedoira entregadas á Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo.

Banco de Alimentos de Vigo

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo fundouse no 1994 e, desde entón, realiza unha importante labor como entidade aconfesional, apolítica e sen ánimo de lucro. Durante 2015, a ONG repartiu preto de 1,7 millóns de quilos de comida (1.688.000 quilos), o que representa un 30% máis que en 2014, cando foron máis de 1,3 millóns de quilos (1.345.520 quilos) os entregados aos 150 colectivos sociais da provincia aos que axuda. A través destas entidades benéficas, o Banco de Alimentos de Vigo chega a unhas 25.000 persoas con dificultades na provincia de Pontevedra.

Ademais do Premio Príncipe de Asturias da Concordia de 2012 concedido á Federación Española de Bancos de Alimentos, a nivel local, a fundación foi recoñecida con galardóns como o Premio Vigueses Distinguidos no 2011.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .