• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a CEG pactan un novo plan de crédito de 600 millóns para impulsar a transición enerxética das pemes galegas

  • O acordo foi subscrito polo conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites
  • Tras a firma celebrouse un coloquio sobre a economía española co economista Raymond Torres, o primeiro evento dun novo ciclo divulgativo de interese empresarial promovido por ambas as entidades

Francisco Botas (esquerda) e Juan Manuel Vieites, durante a firma do acordo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Francisco Botas (esquerda) e Juan Manuel Vieites celebran a nova alianza.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

15-05-2024
Corporativo

ABANCA e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEGSerás redirixido a outro sitio web) selaron unha nova alianza financeira para apoiar ao tecido empresarial galego no proceso de transición cara a un modelo enerxético máis sostible, que contribúa a minimizar o cambio climático. O acordo foi ratificado esta mañá en Santiago de Compostela entre o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites.

En virtude do convenio subscrito, ABANCA renova a liña de crédito para as empresas asociadas á CEG por un volume máximo de 600 millóns de euros durante o próximos tres anos, importe que se poderá ampliar en función da demanda. O crédito destinarase ao financiamento de proxectos e investimentos empresariais orientados a incorporar enerxías baseadas en fontes renovables, así como sistemas e tecnoloxías máis eficientes e innovadores que posibiliten un menor consumo enerxético.

Tras a firma, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, reafirmou “a firme determinación do banco para axudar ao tecido produtivo e ao conxunto da sociedade no camiño da sostibilidade”. “Con este novo compromiso de financiamento, queremos acompañar ás grandes, pequenas e medianas empresas ante este enorme reto de transición verde e de descarbonización da produción, que vai ser esencial non só para a súa competitividade futura, senón tamén para construír unha sociedade máis sostible”, subliñou.

Pola súa banda, Juan Manuel Vieites sinala que “este convenio é unha excelente oportunidade para as empresas interesadas en adoptar tecnoloxías renovables e eficientes. Facilita o acceso ao crédito, permitindo a implementación de proxectos que reducen custos operativos a longo prazo e melloran a sostibilidade ambiental. ABANCA mostra un compromiso coa transición cara a unha economía máis verde ao apoiar financeiramente iniciativas que promoven enerxías limpas e tecnoloxías innovadoras. As empresas que participen poden mellorar a súa imaxe pública ao demostrar responsabilidade ambiental e contribuír á loita contra o cambio climático”.

Así mesmo, sinala que “este tipo de convenios fomenta a innovación no sector empresarial ao impulsar o desenvolvemento e a adopción de novas tecnoloxías enerxéticas. A colaboración entre entidades financeiras e empresas para proxectos deste tipo pode inspirar a outras institucións para seguir o exemplo, xerando un impacto positivo na comunidade empresarial e a sociedade en xeral”.

Oferta financeira adaptada

O financiamento instrumentalízase a través dunha oferta adaptada con solucións específicas e en condicións especiais, que inclúe, entre outras fórmulas, préstamos, avais e anticipos de axudas europeas Next Generation EU.Serás redirixido a outro sitio web

Este novo acordo bilateral de financiamento chega nun momento crucial en Galicia para o impulso do investimento público-privado ligado á transformación económica. Nos próximos meses espérase a apertura de novas convocatorias de axudas no marco dos proxectos estratéxicos de recuperación e transformación económica (PERTE), así como doutros programas dirixidos a empresas de menor tamaño. A través destes fondos públicos promoveranse importantes investimentos para a descarbonización industrial e o desenvolvemento da mobilidade eléctrica, entre outros, que deberán ser completados con financiamento privado.

Ademais das facilidades de crédito, ABANCA proporcionará aos asociados da CEG o seu coñecemento experto no desenvolvemento de proxectos enerxéticos, co obxectivo de favorecer un mellor aproveitamento das axudas recibidas. Neste sentido, o banco ofrece ás empresas a posibilidade de conformar equipos de traballo bilaterais con especialistas do banco en transición enerxética a través da súa unidade ABANCA Energy, así como doutras áreas enfocadas aos segmentos de pemes, empresas e banca corporativa.

Actividades divulgativas

Doutra banda, esta nova alianza entre ABANCA e a CEG recolle un marco de colaboración conxunta para o desenvolvemento dun programa de eventos e actividades de interese empresarial, no que se abordarán temáticas relacionadas coa economía, infraestruturas e sostibilidade, entre outras.

Esta mesma mañá celebrouse a primeira das actividades previstas: un almorzo-coloquio co director de Coyuntura y Economía Internacional da Fundación de Cajas de Ahorros (FUNCAS), Raymond Torres, que foi presentado polo director xeneral Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa. Na súa intervención, este experto trasladou a súa visión sobre a evolución da economía española ante os grandes desafíos actuais e futuros. No evento participaron tamén o secretario xeral da Oficina de Coordinación Económica de Presidencia da Xunta de Galicia, Juan Carlos Reboredo, e a directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Covadonga Toca.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .