• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a D. O. Ribeira Sacra facilitan o financiamento no arranque da vendima

  • O banco facilitará cunha póliza de crédito o cumprimento da Lei 12/2013, que esixe o pago da uva en menos de 30 días
  • Con esta rúbrica, ABANCA suma á súa oferta ao sector vitivinícola a unha nova denominación de orixe, despois de firmar nas últimas semanas con Rías Baixas e Monterrei
24-08-2015
Negocio

ABANCA e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra impulsaron hoxe o seu traballo conxunto coa firma dun convenio financeiro. Grazas a este texto, as adegas e os agricultores accederán á oferta económica para o sector vitivinícola lanzada polo banco con sede en Galicia.

Na firma, que tivo lugar na sede da denominación de orixe en Monforte, participaron o director de Banca Agro e Mar de ABANCA, Jesús Combarro Pereira, e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez González.

Cumprimento da lei

Un dos produtos máis destacados do acordo presentado por ABANCA e D.O. Ribeira Sacra é unha póliza de crédito cun prazo de ata cinco anos que permite compensar as demandas da Lei 12/2013 en materia de cadea alimentaria. Esta regulación esixe pagos nun prazo máximo de 30 días para importes maiores a 2.500 euros e con este produto as adegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores dunha maneira flexible. A entrada en vigor desta lei está supoñendo un reto financeiro para moitas adegas.

A oferta aos viticultores tamén contempla outros produtos de financiamento especificamente pensados para este colectivo. Entre eles, dáse resposta ás necesidades de crédito que algunhas adegas teñen para impulsar as súas exportacións. Estas operacións, que rexistraron importantes incrementos nas últimas campañas, contribúen a proxectar e consolidar a imaxe internacional da denominación.

Alternativas de crédito

O documento asinado entre as dúas entidades tamén ofrece opcións de financiamento para os pequenos propietarios de viñedos. Dun xeito áxil, aténdese aos produtores de uva que poden acceder a un financiamento adaptado ás súas necesidade. Así, o banco con sede en Galicia pon á súa disposición anticipos de subvencións sen comisións, confirming sobre pagarés de adegas ou financiamento oficial do ICO ou Igape. Os agricultores tamén contarán con asesoramento en materia de seguros, cunha oferta personalizada.

A posta en marcha destas iniciativas de maneira conxunta entre a D.O. Ribeira Sacra e ABANCA se circunscribe no decisivo apoio que a entidade financeira presta ao sector vitivinícola no inicio da campaña. Desta maneira, ofrécese a adegas e viticultores un financiamento flexible e competitivo que responde ás necesidades de crédito. Con esta firma, ABANCA suma á súa oferta ao sector vitivinícola a unha nova denominación de orixe, despois de firmar nas últimas semanas con Rías Baixas e Monterrei.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .