• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a Deputación da Coruña renovan o Plan Activamos, que en 2018 estará dotado con 50 millóns de euros en novo financiamento

  • Desde 2014 a iniciativa concedeu 180 millóns de euros en financiamento en condicións vantaxosas a pemes e autónomos, familias e corporacións locais coruñesas
  • En colaboración coa Deputación, ABANCA financia entre outros usos o emprendemento, o investimento, a creación de emprego, a formación e a rehabilitación de vivendas rurais

De esquerda a dereita na imaxe, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa García.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

28-05-2018
Negocio

ABANCA e a Deputación da Coruña subscribiron esta mañá un acordo que supón a renovación para o ano 2018 do Plan Activamos, iniciativa lanzada en 2014 por ambas as entidades para promover o desenvolvemento socioeconómico da provincia. A renovación do Plan por un ano máis supón a posta a disposición das pemes e autónomos, as familias e as corporacións locais coruñesas dunha nova partida de 50 millóns de euros en financiamento en condicións preferentes.

A firma do acordo tivo lugar na sede da Deputación na Coruña, nun acto que contou coa presenza do presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa García.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que se trata do quinto ano de vixencia dun plan que “leva inxectados 180 millóns de euros para apoiar a pemes, autónomos, familias e concellos da provincia nos seus proxectos”. Formoso sostivo que esta filosofía “coincide coa que aplicamos na Deputación da Coruña, onde a aposta polo emprego e a dinamización económica é transversal en todas as nosas políticas”.

“O Plan Activamos é unha iniciativa única na súa clase por estar enfocada ao desenvolvemento socioeconómico da provincia da Coruña, por dirixirse con condicións preferentes tanto a familias como a pemes, autónomos e corporacións locais, por incluír un conxunto de usos moi vinculados ao benestar das persoas, e por estar en constante evolución para satisfacer de maneira cada vez máis eficaz as necesidades dos seus beneficiarios”, sinalou o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa.

Condicións vantaxosas

Desde 2014 o Plan Activamos inxectou na provincia da Coruña un total de 180 millóns de euros en financiamento en condicións preferentes a través de 7.074 operacións de distintos tipos.

Desta cantidade, 35,9 millóns de euros corresponden ao exercicio 2017. A súa concesión realizouse a través da formalización dun total de 1.387 operacións de financiamento. As pemes e autónomos, con 35 millóns, foron as destinatarias maioritarias.

A través do Plan Activamos ABANCA pon a disposición dos seus beneficiarios diferentes produtos financeiros adaptados ás necesidades das pemes e autónomos, as familias e as corporacións locais. Todos eles presentan como características comúns a ausencia de comisións por estudo, amortización ou cancelación anticipada, a existencia de amplos prazos de amortización e a posibilidade de acollerse a períodos de carencia en determinados casos.

Modalidades

As pemes e autónomos dispoñen de financiamento para a posta en marcha de novos negocios, a realización de novos investimentos, a creación de emprego, a mellora da eficiencia enerxética e as necesidades de circulante. As familias poden solicitar financiamento para o uso de enerxías renovables, a mellora enerxética e de accesibilidade no fogar, a dotación de equipamento tecnolóxico, o desenvolvemento formativo e profesional, a adquisición de vehículos eficientes e a rehabilitación de vivenda habitual no medio rural. As corporacións locais contan con financiamento para a realización de investimentos, circulante, avais e confirming.

Para este ano 2018 o Plan introduce como novidades o incremento dos importes máximos financiables e o aumento dos prazos de amortización nalgunhas modalidades.

Desde a creación desta iniciativa en 2014, ABANCA inxectou en colaboración co catro deputacións provinciais galegas máis de 500 millóns no tecido produtivo e social da comunidade autónoma.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .