• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a Deputación de A Coruña lanzan o Plan Reactivación con financiamento especial para superar a crise da COVID-19

  • A entidade financeira e o organismo provincial suscriben a mobilización de 50 millóns de euros en financiamento en condicións preferentes
  • As finalidades do programa inclúen a obtención de liquidez, a realización de investimentos para crear ou impulsar negocios, o fomento da dixitalización e a eficiencia enerxética
  • A iniciativa da continuidade ao Plan Activamos, que desde a súa creación en 2014 inxectou máis de 223 millóns de euros na provincia para apoiar a familias, autónomos, empresas e corporacións locais

De esquerda a dereita: o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa; o presidente da Deputación Provincial de A Coruña, Valentín González Formoso; o director de Negocio Galicia, Asturias e León de ABANCA, Lino Comesaña.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-09-2020
Negocio

ABANCA e a Deputación de A Coruña firmaron hoxe un acordo para o lanzamento do Plan Reactivación, unha iniciativa que dá continuidade e un novo impulso ao Plan Activamos, aplicado nos últimos anos por ambas as dúas entidades para promover o desenvolvemento socioeconómico da provincia a través da concesión de financiamento en condicións preferentes a diferentes colectivos.

No acto de firma, no que participaron o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, o director de Negocio Galicia, Asturias e León de ABANCA, Lino Comesaña, e o presidente da Deputación Provincial de A Coruña, Valentín González Formoso, deuse a coñecer a principal novidade deste ano: a posta en marcha dun capítulo dedicado especificamente a paliar as consecuencias económicas da crise sanitaria xerada pola COVID-19 sobre as empresas e as persoas autónomas da provincia.

O director de Negocio Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, explicou que “a renovación desta alianza estratéxica coa Deputación de A Coruña permítenos apoiar ao tecido socioeconómico da provincia a través da aportación de crédito en condiciones vantaxosas. Neste momento de especial dificultade que están a vivir as pequenas e medianas empresas como consecuencia da Covid-19, esta oferta lles permitirá atender necesidades de financiación, competitividade ou dixitalización”.

Pola súa banda, o presidente provincial, Valentín González Formoso, destacou que “a colaboración entre ABANCA e Deputación deu excelentes resultados nos últimos anos” e enmarcou o acordo subscrito hoxe na estratexia do Goberno provincial de “apoiar ás nosas pequenas empresas e autónomos, un dos colectivos que máis está a sufrir as graves consecuencias económicas da pandemia, e impulsar a recuperación económica da provincia”.

Condicións preferentes

A través do Plan Reactivación A Coruña, ABANCA pon ao dispor dos seus beneficiarios diferentes produtos financeiros deseñados para dar resposta ás necesidades das familias, as pemes, as persoas autónomas, e as corporacións locais. A súa filosofía de máxima facilidade de acceso ao crédito tradúcese na ausencia de comisións por estudo, amortización ou cancelación anticipada, a existencia de amplos prazos de amortización e a posibilidade de acollerse a períodos de carencia en determinados casos.

No caso das pemes e autónomos o Plan presta especial atención ás súas necesidades de financiamento a curto prazo. O catálogo de produtos inclúe dúas pólizas de crédito, unha delas de carácter especial destinada á cobertura das necesidades de circulante derivadas da crise da COVID-19. Outras finalidades contempladas son a creación de novos negocios, a realización de novos investimentos, o fomento da eficiencia enerxética e a dixitalización.

Os produtos para familias están orientados á adopción de enerxías renovables, a mellora enerxética e de accesibilidade no fogar, a dotación tecnolóxica, e a mellora da habitabilidade no medio rural. As corporacións locais contan con financiamento para a realización de investimentos, circulante, avais e confirming.

Máis de 223 millóns de euros

Desde a súa creación, baixo a denominación de Plan Activamos, a iniciativa inxectou máis de 223 millóns de euros na provincia de A Coruña para apoiar a familias, autónomos, empresas e corporacións locais. En 2019 o tecido socioeconómico da provincia de A Coruña recibiu financiamento por un importe de máis de 40 millóns de euros. En total realizáronse máis de 1.500 operacións de financiamento cun importe medio de 26.180 euros. Os principais destinatarios do financiamento concedido foron as pemes e persoas autónomas, que protagonizaron o 96% das operacións realizadas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .