• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a Deputación de Lugo renovan o convenio para facilitar a xestión tributaria aos veciños de 64 municipios da provincia

  • Grazas ao acordo os veciños e veciñas dos concellos adheridos ao servizo provincial de Recadación poden pagar recibos e taxas a través da rede de servizos bancarios e oficinas da entidade bancaria
  • ABANCA reforza con este acordo seu compromiso co Lugo ao pór á disposición da veciñanza todas as súas capacidades comerciais e canles dixitais para que poidan cumprir coas súas obrigas tributarias en calquera momento e desde calquera lugar

Santiago Novoa (dereita) e José Tomé, tras a firma do acordo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

18-09-2020
Negocio

O director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa García, asinou este venres co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, un convenio de colaboración entre as dúas entidades. A renovación do acordo permite que os veciños e veciñas dos 64 concellos da provincia que están adheridos ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación poidan pagar recibos e taxas a través da rede de servizos bancarios e oficinas da entidade bancaria.

Santiago Novoa trasladou a satisfacción da entidade financeira “por poder axudar aos veciños con estes trámites, facilitando a súa xestión de xeito sinxelo, flexible e cómodo, ao poñer á súa disposición todas as nosas capacidades comerciais e canles dixitais para que poidan cumprir coas súas obrigas tributarias locais en calquera momento e desde calquera lugar”. “A renovación deste acordo é un exemplo máis do compromiso de ABANCA coa provincia de Lugo e da estreita liña de colaboración que mantemos coa Deputación Provincial, con distintas iniciativas conxuntas en marcha, entre as que destaca o Plan Reactivación Lugo”, salientou o director de Banca Institucional de ABANCA.

Pola súa banca, o presidente da Deputación luguesa subliñou que “este convenio xurde do convencemento de que as entidades privadas e as administracións públicas temos que colaborar, dende os nosos respectivos ámbitos, para facilitarlle a vida á cidadanía. Isto, que é unha obriga sempre, resulta aínda máis necesario nestes últimos meses, nos que as medidas de loita contra a pandemia impuxeron cambios e restricións no ritmo da nosa vida diaria”.

“Pagar impostos, contribuír entre todos e todas ó sustento do que é de todos, é unha característica das democracias. Porque dese pago que facemos xorden os fondos para soster os servizos públicos que precisamos. Convén que o lembremos tamén nos momentos de situación económica complicada, e penso que este convenio, ó facilitar e simplificar o proceso, axúdanos a ter presente a súa importancia”, sinalou o presidente.

ABANCA colaborará a través da súa rede de sucursais, caixeiros automáticos, banca electrónica e móbil ou outras canles na recadación dos impostos dos concellos da provincia que teñen delegado esta tramitación na institución provincial. O convenio presta especial atención, non só á comodidade e a facilidade para o usuario, senón tamén cara a súa seguridade dixital, para garantir que os seus datos son tratados coa confidencialidade e a profesionalidade axeitada.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA renova o seu compromiso coa Federación Galega de Redeiras Artesás ‘O Peirao’

09-09-2025
Negocio

ABANCA e a Federación Galega de Redeiras Artesás ‘Ou Peirao’ formalizaron un acordo de colaboración co obxectivo de fomentar o crecemento económico e apoiar a modernización da actividade profesional desenvolvida polas redeiras.

Acordo entre ABANCA e as redeiras

ABANCA activa os envíos de diñeiro internacionais a través de Bizum

31-07-2025
Negocio

Os clientes de ABANCA xa poden intercambiar pagos instantáneos a través de Bizum con usuarios de Portugal e Italia.

Operatoria internacional de Bizum
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .