• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a Deputación de Ourense lanzan o Plan Reactivación, dotado dunha liña de financiamento para paliar as consecuencias do COVID-19

  • A entidade financeira e o organismo provincial subscriben a mobilización de 25 millóns de euros en financiamento en condicións preferentes
  • As finalidades do programa inclúen a obtención de liquidez, a realización de investimentos para crear ou impulsar negocios, o fomento da dixitalización e a eficiencia enerxética, e a mellora da habitabilidade de vivendas
  • A iniciativa dá continuidade ao Plan Activamos, que desde a súa creación en 2014 inxectou preto de 97 millóns de euros na provincia para apoiar a familias, autónomos, empresas e corporacións locais

De esquerda a dereita, o director de Negocio Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, e o presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, nunha imaxe de arquivo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-04-2020
Negocio

ABANCA e a Deputación Provincial de Ourense subscribiron hoxe o lanzamento do Plan Reactivación Ourense, unha iniciativa que dá continuidade e novo impulso ao Plan Activamos, aplicado nos últimos anos por ambas as entidades para para promover o desenvolvemento socioeconómico da provincia a través da concesión a diferentes colectivos de financiamento en condicións preferentes.

A súa principal novidade no primeiro ano da etapa que agora comeza é a inclusión dun capítulo dedicado especificamente a paliar as consecuencias económicas da crise sanitaria do COVID-19 sobre as empresas e os autónomos ourensáns.

O acto de firma do acordo tivo lugar por vía telemática coa participación do presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, e o director de Negocio Institucional de ABANCA, Santiago Novoa.

“Ao relanzar a nosa colaboración coa Deputación, ABANCA reafirma o seu compromiso coa provincia de Ourense nun momento de especial dificultade. O noso obxectivo é contribuír a que Ourense, e en especial o seu tecido produtivo, poida neutralizar as consecuencias do COVID-19 e siga mellorando en aspectos como o emprendimiento, a competitividade empresarial, a eficiencia enerxética, a dixitalización e a habitabilidade dos fogares”, explicou o director de Negocio Institucional de ABANCA, Santiago Novoa.

“Esta é unha nova medida que poñemos en marcha con ABANCA dentro da estratexia que vimos desenvolvendo no goberno provincial de Ourense para atacar a crise sanitaria desde os puntos de vista sanitario, social e económico”, destacou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que se referiu ao Plan como “un instrumento que, nestes momentos máis que nunca, pode contribuír a reactivar a nosa economía para fixar poboación no rural, a través de liñas de crédito dirixidas a familias, emprendedores, profesionais e empresas”.

Condicións preferentes

A través do Plan Reactivación Ourense, ABANCA pon a disposición dos seus beneficiarios diferentes produtos financeiros deseñados para dar resposta ás necesidades das familias, as pemes, os autónomos, e as corporacións locais. A súa filosofía de máxima facilidade de acceso ao crédito tradúcese na ausencia de comisións por estudo, amortización ou cancelación anticipada, a existencia de amplos prazos de amortización e a posibilidade de acollerse a períodos de carencia en determinados casos.

No caso das pemes e autónomos o Plan presta especial atención ás súas necesidades de financiamento a curto prazo. O catálogo de produtos inclúe dúas pólizas de crédito, unha delas de carácter especial destinada á cobertura das necesidades de circulante derivadas da crise do COVID-19. Outras finalidades contempladas polo Plan son a creación de novos negocios, a realización de novos investimentos, o fomento da eficiencia enerxética e a dixitalización.

Os produtos para familias están orientados á adopción de enerxías renovables, a mellora enerxética e de accesibilidade no fogar, a dotación tecnolóxica, e a mellora da habitabilidade no medio rural. As corporacións locais contan con financiamento para a realización de investimentos, circulante, avais e confirming.

Etapa anterior

Desde a súa creación en 2014, baixo a denominación de Plan Activamos, a iniciativa inxectou preto de 97 millóns de euros na provincia de Ourense para apoiar a familias, autónomos, empresas e corporacións locais.

En 2019 o tecido socioeconómico da provincia de Ourense recibiu financiamento por un importe de 16.3 millóns de euros. En total realizáronse 682 operacións de financiamento cun importe medio de 23.939 euros. Os principais destinatarios do financiamento concedido foron as pemes e autónomos, que protagonizaron o 96% das operacións realizadas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .