• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a Deputación destinan 37 millóns máis ao seu plan de crédito a pemes e familias de Ourense

  • Ámbalas entidades renovan o Plan Activamos-Transforma Ourense, que mellora as condicións das liñas de financiamento para impulsar o desenvolvemento económico e social de la provincia
  • Máis de 900 micropemes, pemes e autónomos ourensáns beneficiáronse xa do programa de financiamento especial, cun importe global de 34 millóns

De esquerda a dereita, o director territorial de ABANCA, Rubén Saavedra; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, durante a firma do convenio.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

29-02-2016
Negocio

ABANCA e a Deputación de Ourense presentaron hoxe unha nova edición do Plan Activamos-Transforma Ourense, unha iniciativa conxunta para a que a entidade financeira compromete outros 37 millóns de euros en crédito a pemes, autónomos, familias e corporacións locais co obxectivo de impulsar o desenvolvemento económico e social da provincia.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa; e o director territorial do banco en Ourense, Rubén Saavedra, expuseron ante unha vintena de destacados empresarios da provincia as principais liñas do plan e as novidades que incorpora este ano. A continuación, Manuel Baltar e Santiago Novoa rubricaron o novo convenio de colaboración que reforza a alianza estratégica entre ámbalas entidades a favor do progreso socioeconómico de Ourense.

O novo Plan Activamos-Transforma Ourense incrementa o crédito comprometido en máis dun 19% con respecto ao importe que figuraba no primeiro convenio de colaboración entre ámbalas entidades, suscrito en xullo de 2014. Outra das grandes novidades do programa é a baixada de tipos de xuro dos créditos, que se sitúan moi por debaixo do mercado.

Condicións especiais

Ademais da redución de prezos, as líneas de financiamento contan con outras condicións moi vantaxosas: tipos de xuro sen bandas de flutuación, cero comisións de apertura, estudo, amortización ou cancelación anticipada; amplos prazos de amortización, e posibilidade de carencia naquelas modalidades nas que o cliente necesita un prazo para situarse en condicións de xerar ingresos.

O Plan Activamos/Transforma Ourense financia a pemes e autónomos na posta en marcha de proxectos emprendedores, desenvolvemento de novos investimentos, creación de emprego, actuacións de mellora enerxética nos seus negocios e tamén cobre necesidades de circulante. Para as familias, ABANCA oferta a través deste programa de financiamento préstamos para a dotación de equipamento tecnolóxico, realización de actividades de formación, reformas no fogar que contribúan á mellora da accesibilidade ou a eficiencia enerxética, e adquisición de vehículos eficientes. Finalmente, as corporacións locais poden optar no marco deste programa a préstamos para acometer pequenos investimentos municipais e necesidades de tesourería e, como novidade este ano, tamén teñen á súa disposición avais e liñas de confirming con tarifas especiais.

Durante a presentación do plan, Manuel Baltar destacou que “a filosofía de volcarse coa provincia que comparten a Deputación de Ourense e ABANCA maniféstase no acuerdo que reeditamos hoxe, en virtud do cal ponemos a disposición das familias, dos autónomos, das empresas e das corporacións locais 37 millóns de euros en crédito”.

Pola súa banda, Santiago Novoa resaltou o alcance que este programa de apoio financeiro ten no tecido económico e social da provincia, e agradeceu a colaboración que está a prestar a Deputación de Ourense. “Esta alianza que hoxe renovamos permítenos impulsar o progreso da provincia cun programa exclusivo, con créditos ‘brandos’ para financiar, principalmente, pequenos proxectos de pemes, micropemes, autónomos e familias”, sinalou o directivo de ABANCA.

Apoio ao tecido empresarial

O Plan Activamos-Transforma Ourense permitiu na súa primeira edición a formalización de 979 operacións de crédito na provincia, cun importe global de 34 millóns de euros (catro millóns máis dos fixados inicialmente no convenio). Pemes, micropemes, comerciantes e autónomos foron os principais beneficiarios do programa, ao concentraren o 95% das operacións e o 93% do financiamento concedido na provincia. En cifras totais, o Plan Activamos-Transforma Ourense apoiou con crédito a 933 pequenas empresas e autónomos, que recibiron no seu conxunto 31,5 millóns de euros.

“Os créditos a estes colectivos empresariais destináronse maioritariamente a novos investimentos empresariais e iniciativas de emprendemento e, en menor medida, a atender necesidades de liquidez”, explicou Rubén Saavedra. O plan tamén favoreceu, a través do financiamento, a posta en marcha de 105 proxectos de emprendedores e facilitou a 378 empresas da provincia o desenvolvemento de novos investimentos. O importe medio do financiamento a pemes e autónomos foi de 33.800 euros.

As liñas de financiamento para familias do Plan Activamos-Transforma Ourense permitiron a inxección de case 500.000 euros en crédito na provincia. As familias ourensás aproveitaron as boas condicións deste programa de créditos, principalmente, para financiar pequenas obras de mellora enerxética no fogar e actividades de formación. O importe medio destes préstamos foi de 13.900 euros.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .