ABANCA e a Federación Galega de Comercio abordan os retos do sector con condicións financeiras a medida
- O banco e a federación renovan o seu convenio de colaboración, que inclúe novos produtos pensados para facer fronte ás necesidades do día a día e ás inversións do colectivo
- ABANCA pon a disposición dos asociados a experiencia da súa unidade especializada en negocios, que conta con xestores e un catálogo de solucións propios
- As dúas entidades ultiman novas iniciativas para impulsar as vendas no comercio local e de proximidade
O presidente da FGC, José María Seijas, e a directora territorial de ABANCA en Lugo, Zaira Dapena, durante a renovación do acordo.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA e a Federación Galega de Comercio (FGC) dan un novo impulso ao seu traballo común tras renovar o convenio financeiro de colaboración que manteñen ambas entidades. Esta histórica alianza avanza para afrontar os retos do sector e dar respostas directas aos comercios de proximidade de Galicia. O novo texto preséntase como unha solución integral para potenciar a competitividade dos negocios locais a través dunha ampla gama de produtos e servizos especificamente deseñados.
A firma do convenio produciuse esta mañá na sede de ABANCA en Lugo e participaron a directora territorial de ABANCA en Lugo, Zaira Dapena, e o presidente da FGC, José María Seijas. Tras a renovación, ambos representantes mantiveron unha reunión de traballo centrada en coñecer as preocupacións do sector, avaliar a conxuntura dos negocios no arranque do ano e anticiparse aos retos dos próximos anos. As dúas entidades manteñen unha liña de comunicación aberta, que permite desenvolver respostas a medida con axilidade e colaborar en campañas promocionais.
Tras a rúbrica, Zaira Dapena puxo en valor “a experiencia da unidade especializada en Negocios de ABANCA, que conta con xestores altamente formados nas necesidades do colectivo e un amplo catálogo de produtos e servizos a medida”. Pola súa parte, José María Seijas quixo destacar “a importancia desta colaboración xa histórica, que supón grandes e necesarias vantaxes para os nosos asociados e o apoio permanente para a realización de actuacións que favorecen a competitividade e dinamización do sector comercial galego”.
Máis opcións, máis adaptadas
Grazas a este novo texto, o banco e a FGC amplían o seu compromiso co sector a través dunha ampla gama de produtos e servizos creados a medida para o colectivo. Esta resposta chega nun contexto especialmente complexo pola situación xeopolítica internacional, que está impactando indudablemente nas estruturas de custos de moitas empresas.
Isto tradúcese en novas solucións onde o crédito gaña peso a través dos préstamos persoais e hipotecarios, as liñas de crédito, os anticipos de subvencións, os aprazamentos de pagos de impostos, o leasing mobiliario, os avais ou as liñas de desconto comercial. O novo acordo da cabida tamén aos dispositivos TPV, tanto físicos como virtuais, que contan con distintas opcións para adaptarse a cada negocio e simplificar os cobros dos comercios sen renunciar á axilidade e á seguridade.
O último dos puntos do novo texto rubricado esta mañá detalla o plan “ABANCA Emprendedores e Profesionais”, o primeiro plan de emprego simplificado (PPES) dirixido a persoas traballadoras autónomas. Trátase dunha solución sinxela e flexible, creada para complementar a xubilación do colectivo, que permite xerar un maior aforro que os plans de pensións individuais.
Máis colaboración ante os retos
ABANCA e a Federación Galega de Comercio dan un paso máis na súa estreita colaboración e traballan xa nunha nova edición dos “Días Azuis do Comercio Galego”. Grazas a esta campaña, que retorna con forza esta primavera e da que moi pronto coñeceranse máis detalles, as dúas entidades buscan dinamizar as vendas nos comercios de proximidade distribuidos por toda a comunidade. Como é habitual, os sorteos de importantes regalos servirán para incentivar as compras nos comercios adheridos e reforzar así o consumo de proximidade.