• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a Federación Galega de Comercio amplían o seu acordo para dinamizar o comercio local

  • Ambas as entidades estenden a súa histórica colaboración para ofrecer solucións financeiras e dixitais que potencien o desenvolvemento dos negocios galegos
  • O novo acordo recolle tamén o plan "ABANCA Emprendedores e Profesionais", un instrumento que o banco promove en colaboración coa FGC e que está deseñado para complementar a xubilación dos autónomos
  • A firma serviu ademais como plataforma para anunciar unha nova edición da campaña "Días Azuis do Comercio Galego", que se dará a coñecer nos próximos días, e que permitirá unha vez máis gañar premios por comprar no comercio de proximidade

A directora de Banca de Particulares de ABANCA, Bárbara González Sanromán; o presidente da FGC, José María Seijas, e a directora territorial de ABANCA en Lugo, Zaira Dapena, durante o acto de firma do novo acordo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

23-05-2024
Negocio

ABANCA e a Federación Galega de Comercio (FGC) continúan avanzando na súa estratexia conxunta de respaldo aos negocios de proximidade. Este compromiso é o fío condutor do novo convenio rubricado esta mañá pola directora territorial de ABANCA en Lugo, Zaira Dapena, e o presidente da Federación Galega de ComercioSerás redirixido a outro sitio web, José María Seijas, co obxectivo de seguir brindando apoio e facilidades financeiras aos establecementos locais.

Así, nun esforzo por impulsar o desenvolvemento dos comerciantes, o protocolo ofrece condicións especiais en servizos bancarios adaptados ás necesidades dos seus negocios. Entre os beneficios destacados atópanse préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, exentos de xuros. Ademais, ofrécense diversas opcións de financiamento, como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto comercial.

En consonancia co obxectivo de promover a competitividade dos asociados, ABANCA pon á disposición o servizo de financiamento no punto de venda coñecido como “Aplazos”Serás redirixido a outro sitio web, que permite un financiamento rápido, sinxelo e económico para as compras realizadas. Así mesmo, a entidade financeira ofrece unha ampla gama de dispositivos TPV, tanto físicos como virtuais, para facilitar as transaccións comerciais de forma segura e eficiente.

Solucións dixitais e apoio aos traballadores autónomos

Co propósito de impulsar a transformación dixital dos negocios, a oferta compleméntase con servizos avanzados de banca a distancia, como a ferramenta “Appúntame”Serás redirixido a outro sitio web, deseñada para a xestión de cobros fixos periódicos (cotas, domiciliacións, subscricións, etc.), así como axudas para a incursión no comercio en liña.

"Con este convenio queremos proporcionar as ferramentas e o apoio necesarios para que os comercios locais prosperen nun mercado cada vez máis competitivo. O noso obxectivo é que sintan o respaldo de ABANCA en cada paso do seu crecemento", afirmou a representante da entidade financeira tras o acto de firma. Estas palabras foron apoiadas polo presidente da FGC, quen destacou a importancia deste acordo para garantir a competitividade do sector segundo as necesidades actuais de crédito e servizos bancarios; lembrando tamén a colaboración histórica e constante entre a Federación e ABANCA en todas as actuacións que se promoven para o desenvolvemento e dinamización do comercio de proximidade de Galicia.

Doutra banda, o novo acordo recolle tamén o plan "ABANCA Emprendedores e Profesionais", un plan de pensións de emprego simplificado (PPES) que se dirixe aos traballadores por conta propia. Este instrumento, que o banco promove precisamente en colaboración coa FGC, está deseñado para complementar a xubilación dos autónomos, e ofrece unha solución sinxela e flexible para xerar un maior aforro e gozar de maiores beneficios fiscais que os plans de pensións individuais.

Novas campañas para promocionar o comercio galego

A firma representou tamén un paso adiante no compromiso de ABANCA de apoiar ao comercio galego mediante o financiamento de novas campañas promocionais. Ademais, serviu como plataforma para adiantar a próxima edición de "Días azuis do comercio galego". Esta iniciativa, que se dará a coñecer nos próximos días, terá unha mecánica similar á de anos anteriores e permitirá gañar grandes premios a clientes, fomentando así as compras no comercio local.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .