• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a Federación Galega de Comercio exploran fórmulas para facilitar o acceso ao crédito

  • A entidade financeira e a federación amplían un ano máis unha colaboración que pretende reforzar a competitividade do comercio de proximidade
  • Os asociados xa poden acceder a un catálogo de produtos de crédito adaptado aos seus negocios e a xestores formados nas súas necesidades
  • Nos vindeiros días, as dúas entidades presentarán a súa proposta para impulsar as vendas nestes establecementos por toda Galicia

O director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

06-06-2017
Negocio

ABANCA renova a súa colaboración coa Federación Galega de ComercioSerás redirixido a outro sitio web (FGC) para facilitar a mellora competitiva deste colectivo. As dúas entidades ampliaron hoxe en Lugo unha histórica senda de traballo que este ano medra con novas alternativas de financiamento para os asociados e para a súa clientela.

O director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, asinaron un convenio financeiro que pon o foco en dar resposta ás necesidades de crédito dos comercios de Galicia.

O texto firmado mellora a oferta financeira para os integrantes da FGC, que desde agora teñen á súa disposición alternativas de crédito adaptadas ás súas necesidades. Para aqueles que pretendan facer fronte a novos investimentos, terán á súa disposición préstamos persoais ou hipotecarios, así como leasing mobiliario con xuros atractivos e un prazo de amortización de ata cinco anos. Para os que teñan que dar resposta aos gastos correntes, contarán cunha póliza de crédito, que poderá ser a tipo fixo ou variable, con condicións melloradas. ABANCA tamén ofrece alternativas para atender todas as demandas dos comerciantes a través de avais, liñas de comercio exterior ou desconto comercial, entre outros.

Esta oferta de crédito complétase coas liñas de impulso financeiro postas en marcha conxuntamente por ABANCA e as catro deputacións galegas: o Plan ActivamosSerás redirixido a outro sitio web. Esta iniciativa de financiamento dá resposta a familias, autónomos e pemes á hora de facer investimentos que melloren o desenvolvemento económico e social da comunidade. De maneira adicional, os comerciantes accederán no banco con sede en Galicia aos programas oficiais de crédito do Igape, do ICO e das SGR.

Unha oferta integral

As propostas de crédito que ABANCA habilita neste convenio non só están dirixidas aos comerciantes, senón que chegan á clientela dos establecementos. Este colectivo pode ofrecer nos seus negocios o servizo APLAZOSSerás redirixido a outro sitio web, a alternativa para competir con crédito áxil e directo coas grandes superficies. O banco atende así as demandas do comercio e facilita ferramentas para a mellora competitiva.

Ademais do catálogo de produtos e servizos a disposición dos clientes, a oferta de ABANCA inclúe o maior número de profesionais e a maior rede de oficinas en Galicia. A entidade financeira conta con xestores especializados en micropemes, comercios e autónomos, que coñecen de primeira man a realidade do colectivo.

Nas vindeiras semanas, ABANCA e a Federación Galega de Comercio tamén presentarán a súa campaña conxunta para incentivar as compras nos establecementos de proximidade coincidindo co inicio do verán. Esta nova edición, llamada “Os días azuis do comercio galego”, permitirá gañar grandes premios a clientes e comercios. As dúas entidades xa colaboraran o pasado ano coa proposta “As compras na túa vila teñen premio”, que chegou a diversos municipios de Galicia e premiou a centenares de clientes destes comercios.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .