• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a FGC renovan a súa alianza para impulsar as vendas no comercio galego

  • O banco sorteará entre a clientela do comercio galego premios de compras gratis

O director de Banca Minorista de ABANCA, Gabriel González Eiroa, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, durante a firma do convenio.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

01-07-2015
Negocio

ABANCA e a Federación Gallega de Comercio (FGC) acadaron esta mañá un acordo para reforzar o marco de colaboración que manteñen ámbalas entidades dende hai décadas co obxectivo de impulsar as vendas no pequeno comercio galego.

O acordo plasmouse nun protocolo que inclúe unha oferta integral de produtos e servizos financeiros específicos para o sector, con condicións moi vantaxosas respecto aos estándares do mercado. O convenio foi subscrito entre o presidente da FCG, José María Seijas, e o director de Banca Minorista de ABANCA, Gabriel González Eiroa.

O protocolo contempla, entre outras vantaxes, préstamos sen intereses para anticipo de subvencións ou para o pagamento de impostos, así como produtos de financiamento para o día a día, como desconto comercial ou pólizas de crédito; ou a máis longo prazo para a adquisición de locais, como leasing inmobiliario ou préstamos hipotecarios. ABANCA tamén pon a disposición dos establecementos adheridos á FGC liñas de comercio exterior en condiciones especiais para facilitar a entrada en novos mercados. A oferta do banco aos comercios complétase con rebaixas significativas nos aprazamentos de vendas con TPV da entidade, así como coa póliza Seguro Comercio, outro produto deseñado ‘ad hoc’ para este colectivo.

Campaña de dinamización

Por outro lado, ABANCA e Federación Gallega de Comercio renovan a través deste protocolo a súa colaboración na campaña de dinamización do consumo “As compras na túa vila teñen premio”, que está impulsada tamén pola Consellería de Economía e Industria a través da Dirección Xeral de Comercio.

Esta iniciativa publicitaria-promocional ten como principal obxectivo incentivar o consumo no comercio de proximidade, repartindo en cada unha das cidades visitadas un total de 4.000 euros en premios, que cede ABANCA, e que han de ser novamente reinvestidos no comercio local.

‘As compras na túa vila teñen premio’ é xa unha campaña consolidada, que neste 2015 celebra a súa oitava edición e que se desenvolve cun grande éxito de participación e vendas nas cidades nas que se leva a cabo, que este ano serán Vilagarcía, Santiago, Lugo e Ourense. Para José María Seijas “seguir este camiño de colaboración entre organizacións, entidades financeiras e administracións competentes é fundamental, porque está demostrado que cando traballamos xuntos os resultados son máis numerosos e efectivos para o desenvolvemento do sector comercial galego”.

O director de Banca Minorista de ABANCA, Gabriel González Eiroa, resaltou o “compromiso histórico” do banco co comercio polo miúdo galego. “Somos a entidade financeira de referencia para o pequeno comercio, con máis de 17.000 clientes, que se benefician dunha oferta integral de produtos e servizos adaptada ás súas necesidades”, subliñou. “Seguimos ampliando a nosa oferta con novas solucións financeiras para axudar aos comercios a vender aprazando as compras dos seus clientes e a financiárense cunhas condicións excelentes”, engadiu González Eiroa.

Novas iniciativas de ABANCA en apoio ao comercio

A nova alianza entre ABANCA e a FGC coincide co lanzamento por parte do banco de ‘APRAZOS’, un novo servizo de financiamento no punto de venda para comercios. Permite aos comerciantes ofrecer aos seus clientes o aprazamento do pagamento das compras de xeito rápido e sinxelo, e sen asumir ningún risco, o que contribúe a incrementar as súas vendas e poder competir coas grandes superficies e cadeas comerciais. Se o cliente conta con tarxeta de crédito ABANCA e o establecemento dispón dun TPV da entidade, a operación realízase de xeito instantáneo pasando a tarxeta polo dispositivo, sen máis papelames e sen xuros nin comisións para o comprador.

Ademais, ABANCA lanza hoxe unha nova edición da promoción ‘Compras Gratis’, mediante a cal os clientes que paguen nos establecementos con tarxeta de ABANCA a través dun TPV da entidade poderán beneficiarse da gratuidade da súa compra ou de tíckets premiados no momento do pagamento da mesma. Nesta segunda edición, o banco repartirá máis de 4.000 premios no marco desta campaña. .

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .