ABANCA e a Fundación Amigos do Teatro Real organizan o próximo concerto de Gustavo Dudamel en Madrid
- O recoñecido mestre dirixirá a Orquestra Filharmónica de Múnich nun programa composto por obras de Gustav Mahler
- A colaboración do banco con este evento enmárcase no seu compromiso de promoción e divulgación das artes escénicas e musicais
O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o director xeral do Teatro Real, Ignacio García-Belenguer, veñen de subscribir un acordo de colaboración para organizar no coliseo madrileño un concerto no que Gustavo Dudamel dirixirá a Orquestra Filharmónica de Múnich. Baixo a súa batuta, a formación musical interpretará un programa composto por obras dun dos compositores fetiches do mestre, Gustav Mahler. O evento musical será o próximo 28 de xuño, ás 20.00 horas.
Será o segundo concerto do recoñecido director no Teatro Real, onde actuou en 2018, e tamén a segunda colaboración que realice con ABANCA, tras o memorable concerto que ofreceu en 2017 na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela no marco da iniciativa do banco ‘Palabras para Galicia’.
ABANCASerás redirixido a outro sitio web mantén un firme compromiso coa promoción e divulgación das artes escénicas e musicais e neste marco encádrase este acordo coa Fundación Amigos do Teatro RealSerás redirixido a outro sitio web, con quen comparte o obxectivo de apoiar e fomentar a realización de accións culturais.