• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación achegan as finanzas aos centros escolares con motivo do Día da Educación Financeira

  • Persoas voluntarias do equipo directivo de ABANCA visitarán esta semana dez centros educativos para explicar conceptos financeiros básicos ao alumnado
  • O programa de educación financeira do banco e Afundación continúa ampliando o seu alcance e chegou o curso pasado a 202.492 persoas

A directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández, na sesión organizada no Colexio Juan Sebastián Elcano con motivo do Día da Educación Financiera 2024

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

07-10-2024
RSC

ABANCA e Afundación súmanse hoxe á celebración do Día Nacional da Educación Financeira que promoven o Banco de España e a CNMV cunha serie de actividades dirixidas a introducir os coñecementos financeiros nas aulas dos centros educativos de primaria e secundaria.

A acción principal da xornada foron os encontros que mantiveron persoas voluntarias do equipo directivo de ABANCA co alumnado dos colexios Juan Sebastián Elcano de Pontevedra e La Salle de Plasencia, no marco do programa ‘De Economía a Econotuya’, impulsado polo banco e a súa Obra Social.

Seguindo o lema deste ano do Día da Educación Financeira, ‘Finanzas dixitais. Aprende, innova, avanza’, os temas principais que se abordaron na sesión foron o diñeiro e o aforro, caprichos e necesidades, ciberseguridade, criptomonedas e trading.

As clases continuarán ao longo da semana en centros escolares doutras cidades. En total, os voluntarios e voluntarias do banco visitarán dez colexios de diferentes puntos da xeografía española: o mércores 9 estarán no Colexio Maristas-El Pilar de Vigo; o xoves 10 no Colexio ‘Santa María’ de Ourense, o Colexio Cluny de Santiago, o Colexio ‘Las Acacias’ de Vigo, o Colexio San Juan de la Cruz de León e o CEIP Miguel de Unamuno de Madrid, e o venres 11 no Colexio Compañía de María da Coruña e o IES ‘Xoán Montes’ de Lugo.

Ademais, durante esta mañá, escolares do CEIP Párroco Don Camilo (Vigo) gozaron aprendendo co Gran Prix Financeiro e estudantes do IES A Balseira (Vilanova de Arousa) asistiron á conferencia ‘Preparados para dar o salto’.

Estas accións marcan o inicio do programa de educación financeira que van desenvolver o banco e a súa Obra Social ao longo do curso 2024-2025. As diferentes iniciativas que comprende o programa continúan incrementando o seu alcance grazas á combinación de actividades presenciais con outras en formato dixital. O curso pasado estas propostas chegaron a 202.492 persoas.

Durante este mes organízase tamén o concurso ‘A Galaxia Financeira’ no blog de ABANCA ‘Cuentas claras’, no que as persoas interesadas poden poñer a proba os seus coñecementos financeiros e gañar ata tres tarxetas regalo.

Inclusión financeira de persoas maiores

Promover a inclusión financeira das persoas maiores e ofrecerlles o apoio necesario para afrontar o proceso de dixitalización é un dos piares estratéxicos do programa.

As propostas dirixidas a este colectivo desenvólvense nos Espazos +60 de Afundación e chegan tamén á poboación de zonas rurais grazas ao plan de formación e capacitación de persoas maiores que impulsa o banco en colaboración con municipios de Galicia e León e outras organizacións sociais como Cruz Vermella. Os contidos céntranse no uso dos caixeiros automáticos e a banca móbil, así como na prevención da fraude e a ciberseguridade.

Ao longo deste mes de outubro están previstas catro sesións na Gudiña (8 outubro), Vilanova de Arousa (15 outubro), Pedrafita do Cebreiro (21 de outubro) e Vilamartín de Valdeorras (22 de outubro).

Programas dixitais de ámbito nacional

ABANCA e Afundación lanzaron coincidindo co Día da Educación Financeira as novas convocatorias dos tres programas dixitais que levan a cabo en centros educativos de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP Básica de todo o territorio nacional: Segura-Mente, ‘A tola aventura do aforro’ e ‘Pon o teu diñeiro a salvo’, que este ano foron obxecto de revisión e actualización para adaptarse ao novo marco de competencias financeiras definido pola UE e a OCDE para a infancia e a mocidade.

Estes tres programas achegan a educación financeira a estudantes de todas as idades a través de temas como o aforro, a planificación, aprender a diferenciar entre caprichos e necesidades, a ciberseguridade, ou a finanzas dixitais, entre outros. Os recursos dixitais que se ofrecen nas plataformas en liña compleméntanse con sesións impartidas por persoas voluntarias nos centros educativos para reforzar os coñecementos adquiridos.

Tamén se mantén este curso o apoio do banco ao programa Young Business Talents, un xogo de simulación empresarial que ofrece aos participantes a oportunidade de vivir a experiencia de xestionar unha empresa, no que o ano pasado participaron máis de 11.400 mozos e mozas de toda España.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .