• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación crean IESIDE, a primeira institución universitaria de Galicia orientada á empresa

  • Contará con campus en Vigo, A Coruña e Pontevedra, e enriquecerá a oferta da Escuela de Negocios de Afundación, un dos seus compoñentes fundamentais.
  • O 25% dos seus estudantes beneficiaranse dalgunha modalidade de bolsa total ou parcial para abrir o seu acceso a toda a sociedade.
  • Cubrirá a escaseza de oferta universitaria privada en Galicia e fortalecerá a vinculación entre as empresas e as universidades da comunidade.

De esquerda a dereita, Pedro Otero, Miguel Ángel Escotet, Juan Carlos Escotet Rodríguez, Francisco Botas e Aurelio Villa no acto de presentación do IESIDE.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación IESIDE Estrutura, contido e modelo do Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE). Ver ficheiro PDF
26-04-2016
RSC

O vicepresidente de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado do banco, Francisco Botas e o director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web, Miguel Ángel Escotet Álvarez, presentaron esta mañá en Santiago o Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE), unha institución de educación superior orientada á empresa que nace co propósito de complementar a oferta universitaria existente en Galicia e potenciar a cooperación entre as empresas e as universidades da comunidade autónoma.

A Escuela de Negocios de Afundación constitúe un dos compoñentes esenciais de IESIDE e verase potenciada dentro do proxecto con novas liñas de estudos. A creación de IESIDE inclúe a posta en marcha da Escuela Interdisciplinar de la Empresa, o Centro Interuniversitario de la Empresa, o Centro de Investigación ABANCA e o Centro de Innovación y Tecnología ABANCA.

O modelo educativo baixo o que operará IESIDE terá como elementos distintivos a innovación, para o que estará dotado dunha sólida base tecnolóxica, e a internacionalización, para o que contará cun campus multilingüe e acordos e intercambios con institucións universitarias doutros países. Polo que respecta ao seu modelo administrativo, IESIDE enfocarase cara a flexibilidade, estará orientado á excelencia e disporá de varios períodos de matriculación ao longo do ano para ofrecer facilidades aos estudantes que traballen ou que procedan de programas de intercambio.

Ademais da achega de infraestruturas, ABANCA investirá inicialmente 6 millóns de euros nun proxecto que suporá a creación de 100 empregos directos. O IESIDE terá un impacto económico en forma de aforro no gasto público en educación de posgrao, que en Galicia é un 12% máis alto que a media nacional, e repercutirá positivamente en xeración de riqueza para Galicia a través da atracción de estudantes doutras zonas. “E o que é máis importante, servirá para aumentar a taxa de actividade emprendedora en Galicia, situada por debaixo da media nacional”, sinalou Juan Carlos Escotet Rodríguez.

Pola súa parte, Miguel Ángel Escotet Álvarez, reitor presidente de IESIDE, destacou que se trata “dunha institución aberta a todos os segmentos da sociedade, independentemente dos seus recursos económicos”, xa que contará cun programa de bolsas que beneficiará ao 25% dos estudantes. E anunciou que “o profesorado non só desenvolverá labores de docencia, senón que estará involucrado tamén en proxectos sociais e de investigación”. O Consello Reitor do IESIDE estará integrado, ademais de por Miguel Ángel Escotet, por Aurelio Villa Sánchez, director da Escuela de Negocios de Afundación, como vicepresidente académico e por Pedro Otero Espinar, xerente de Afundación, como secretario xerente.

IESIDE iniciará a súa actividade en setembro deste ano cunha infraestrutura composta por catro centros: tres para uso formativo situados en Vigo, A Coruña e Pontevedra, e unha residencia de estudantes situada en Pontevedra. Tamén contará co soporte adicional do resto de edificios do banco e de Afundación nas diferentes cidades galegas. IESIDE terá 14 profesores a tempo completo, 52 profesores asociados, 4 profesores estranxeiros visitantes e 350 profesores colaboradores.

O seu catálogo formativo incluirá programas académicos presenciais, on-line e de tipo híbrido, así como cursos corporativos dirixidos a empresas. A oferta programada para o ano académico 2016-2017 inclúe os actuais programas oficiais de grado en ADE, o mestrado universitario MBA, 6 títulos duais Bachelor in Business Administration/ADE coa Dublin Business School e un total de 26 titulacións propias de mestrado, especialista e experto. A orientación será na súa maioría de cursos duais estudo-exercicio práctico.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .