ABANCA e Afundación entregan 4.270 xoguetes para nenos de familias desfavorecidas
- A Obra Social ABANCA recolleu xoguetes entre o 12 e o 22 de decembro en dous locais habilitados en A Coruña e Vigo
- As doazóns recibidas completáronse cunha compra de xoguetes realizada polo banco froito dunha acción en colaboración coa Federación Galega de Comercio
ABANCASerás redirixido a outro sitio web e a súa Obra Social, AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web, entregaron este venres a Cáritas Interparroquial da Coruña e Ourense, Cruz Vermella Lugo e Aldeas Infantiles un lote de 4.270 xoguetes obtidos grazas ás diferentes accións solidarias postas en marcha co obxectivo de que os nenos e nenas das familias máis desfavorecidas tamén teñan un agasallo novo o Día de Reis.
Os xoguetes proceden das doazóns realizadas por empregados e empregadas do banco e Afundación, clientes e outros cidadáns nos locais habilitados con este fin na Coruña e Vigo e tamén dunha compra adicional realizada por ABANCA froito da iniciativa posta en marcha en colaboración coa Federación Galega de Comercio. As compras realizadas polos clientes da entidade cos seus cartóns de crédito e débito entre o 10 e o 21 de decembro foron sumando puntos que o banco trocou agora por agasallos para incrementar o número de xoguetes obtidos.
Así mesmo, habilitouse un número de conta solidario para facer doazóns. Todo o diñeiro recadado por esta vía tamén se destinou a comprar máis xoguetes que irán parar a mans de nenas e nenos galegos.
Os directores territoriais de ABANCA na Coruña, Vigo, Lugo e Ourense, Gerardo Fortes Ayerdi, Walter Álvarez, Javier Soto e Rubén Saavedra, respectivamente, foron os encargados de realizar a entrega os representantes das distintas organizacións que realizarán a repartición dos agasallos entre as familias que máis o necesiten para que este Nadal non haxa ningún neno sen xoguetes.
Voluntariado corporativo ABANCA
Para que a campaña solidaria funcionará correctamente, os locais habilitados por ABANCA e Afundación foron atendidos por 134 empregados e empregadas que participan no programa de voluntariado da entidade. Entre as súas tarefas, as de recoller e organizar todos os xoguetes recibidos neste período.