ABANCA e Afundación entregan a Cáritas e Cruz Vermella 2.000 xoguetes para repartir en Reis entre familias desfavorecidas
- ABANCA e a súa Obra Social reuniron estes agasallos a través da campaña solidaria do Nadal ‘Debuxar sorrisos’
- Cáritas e Cruz Vermella distribuirán os xoguetes entre nenos e nenas de nove localidades de Galicia, León, Asturias e Estremadura

Imaxe dun dos lotes de xoguetes entregados.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

A CORUÑA. Na imaxe, de esquerda a dereita, Gerardo Fuertes, director territorial de ABANCA na Coruña; Sabela Couceiro, coordinadora da área de Envellecemento Activo de Afundación; Dolores Rivas Lombardero, da área de Atención a Maiores e Acompáñote de Cáritas; Rosa García Vilariño, da área de Atención Social de Cáritas, e María Angeles Ferreño Rama, coordinadora do Centro Hogar de Cáritas.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

VIGO. De esquerda a dereita, a presidenta provincial de Cruz Vermella, Teresa Álvarez Quicler; a presidenta comarcal de Cruz Vermella Vigo, Purificación Serrano; a coordinadora de Cultura de Afundación, María Teresa Cores e a directora de zona Vigo Sur de ABANCA, Ángela Rodríguez.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

PONTEVEDRA. En Pontevedra, realizaron a entrega dos xoguetes á directora de Cáritas Pontevedra, Concepción Vázquez (no centro) a coordinadora de Comunicación de Afundación, Gloria Rodríguez (primeira pola esquerda), e a directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández (segunda pola dereita).
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

OURENSE. De esquerda a dereita, a coordinadora institucional de Afundación para Lugo e Ourense, Beatriz Fernández-Anguiano; o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, e a directora xeral de Cáritas Diocesana Ourense, María Tabarés.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

OVIEDO. Na imaxe, o director de zona Asturias de ABANCA, José María Jardón, e a directora de Cruz Roja Juventud de Asturias, Alba Romero Carrera.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

MÉRIDA. Na imaxe, de esquerda a dereita, o presidente autonómico de Cruz Roja, Jesús Palo, e o director territorial Extremadura Sur de ABANCA, Óscar Salgado.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

LEÓN. O director de zona Castilla y León de ABANCA, Marcos Álvarez, realizou a entrega dos xoguetes a Cruz Roja León.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

LUGO. O director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto, realizou a entrega dos regalos ao presidente e ao secretario provincial de Cruz Vermella Lugo, Luis Abelleira Mayor e Jose Luis Fernandez Armento.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA e Afundación entregaron esta mañá a Cáritas e Cruz Vermella un lote de 1.934 xoguetes que reuniron grazas á campaña solidaria do Nadal ‘Debuxar sorrisos’. As dúas organizacións sociais encargaranse agora de repartir os agasallos entre familias que están a vivir momentos complicados de nove localidades de Galicia, León, Asturias e Estremadura nas que o bancoSerás redirixido a outro sitio web conta cunha presenza significativa.
Cáritas realizará a distribución dos agasallos na Coruña, Santiago, Pontevedra e Ourense, mentres que Cruz Vermella fará a repartición en Vigo, Lugo, León, Oviedo e Mérida. O obxectivo é que o maior número posible de nenos e nenas poidan vivir a ilusión de ter unha sorpresa nas súas casas o Día de Reis.
Os xoguetes foron adquiridos polo banco e a súa Obra SocialSerás redirixido a outro sitio web con parte das doazóns realizadas polos seus empregados e clientes, así como por outras empresas e persoas interesadas en colaborar, no marco da campaña solidaria do Nadal ‘Debuxar sorrisos’. A outra parte das doazóns recibidas destinarase á adquisición de produtos de alimentación para a Federación Española de Bancos de Alimentos.
‘Debuxar sorrisos’ é unha das accións solidarias postas en marcha por ABANCA e Afundación este Nadal, entre as que tamén destaca o programa de apoio social ‘Cubertos Nadal’. Este ano repartíronse no marco desta iniciativa 4.000 menús especiais de Noiteboa e Nadal que puideron gozar 2.000 persoas de 588 familias.