• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación envían a Ucraína dous xeradores eléctricos e 4.360 xoguetes da súa campaña solidaria de Nadal

  • Os grupos electróxenos garantirán a subministración de enerxía nun hospital e un centro de menores con discapacidade
  • A campaña solidaria continúa aberta para recadar fondos para os proxectos que desenvolven no país Cruz Vermella e Save the Children

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, Natalia Afonina, presidenta de AGA-Ucraína; Gerardo Fuertes, director de Territorios e Redes de ABANCA, e Pilar Alves, coordinadora xeral de RSC e Institucional de Afundación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

23-12-2022
RSC

ABANCA e Afundación, en colaboración con AGA-Ucraína, realizaron esta mañá o envío a Ucraína de dous xeradores eléctricos, 4.360 xoguetes que se repartirán entre as familias ucraínas e outros produtos de primeira necesidade. O obxectivo é contribuír a paliar as carencias que está a sufrir a poboación civil e que os nenos e nenas poidan manter algunha das tradicións do Nadal máis arraigadas a pesar da complicada situación que están a vivir desde que se iniciou o conflito bélico.

Parte dos xoguetes que transporta o camión proceden das doazóns realizadas por persoas solidarias nos dous locais habilitados polo banco e a súa Obra Social na Coruña e Vigo. Os outros lotes de agasallos foron adquiridos por ABANCA e Afundación grazas ás achegas económicas recibidas a través da web dibujarsonrisas.abanca.comSerás redirixido a outro sitio web.

Os dous xeradores que completan a carga son unha doazón do banco e a súa Obra Social coa que queren contribuír a paliar os graves problemas de subministración eléctrica que sofre o país. Estes equipos permitirán prover de enerxía ao hospital Central District de Kalush, que ten unha capacidade de 1.000 camas, e a un internado para menores con discapacidade de Belgorod-Dnistrian no que residen 132 alumnos.

No camión tamén se envían produtos de primeira necesidade para a poboación, como mantas, roupa de abrigo ou alimentos procedentes das doazóns realizadas nas últimas semanas a AGA-Ucraína e almacenadas na nave do Polígono de Pocomaco cedida por ABANCA á asociación.

O director de Territorios e Redes do banco, Gerardo Fuertes, a coordinadora xeral de RSC e Institucional da Obra Social ABANCA, Pilar Alves, e a presidenta de AGA-Ucraína, Natalia Afonina, acudiron á nave para mostrar o seu apoio ás persoas voluntarias de ABANCA, Afundación e AGA-Ucraína que se ocuparon desde primeira hora da mañá de cargar no camión os xoguetes e o resto do material solidario.

Doazóns en liña

A campaña solidaria do Nadal de ABANCA e Afundación permanecerá activa ata o próximo 5 de xaneiro a través da web dibujarsonrisas.abanca.comSerás redirixido a outro sitio web, onde se poden seguir realizando achegas económicas.
Os fondos recadados a partir de agora entregaranse a Cruz Vermella e Save the Children, para o desenvolvemento dos proxectos que teñen en marcha en Ucraína e os países limítrofes co fin de atender as necesidades da poboación civil que segue no país e das persoas refuxiadas.

Tamén é posible seguir realizando donativos con este fin mediante transferencia á conta solidaria habilitada por ABANCA ES80 2080 7208 3385 3000 7122.

Apoio a Ucraína

ABANCA e Afundación colaboran con AGA-UcraínaSerás redirixido a outro sitio web desde o inicio da guerra. Facilitaron á organización unha nave na Coruña para o seu uso como sede operativa e almacén de axuda humanitaria e financiaron o envío de catro transportes con 92 toneladas de produtos de primeira necesidade. Ademais, organizaron campamentos de verán infantís e xuvenís e concertos benéficos, entre outras accións.

ABANCA e Afundación tamén manteñen aberta unha conta solidaria para recadar fondos destinados aos proxectos nos que traballan Cruz Vermella e Save the Children para paliar as consecuencias da crise humanitaria, con especial atención á infancia.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .