• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación inician unha campaña solidaria de apoio aos cidadáns e refuxiados de Ucraína

  • A Obra Social ABANCA pon ao dispor das asociacións culturais, colectivos sociais e clubs deportivos galegos o correo ayudaparaucrania@afundacion.org para canalizar a axuda
  • Habilitaranse puntos de recollida de produtos de primeira necesidade nas sedes e centros de Afundación en toda Galicia
  • O banco e a súa Obra Social habilitan unha conta solidaria propia para recadar fondos

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

03-03-2022
RSC

ABANCA e Afundación veñen de pór en marcha unha campaña solidaria de apoio a Ucraína que ten como obxectivo contribuír a paliar a crise humanitaria provocada pola agresión militar que está a sufrir o país.

“A Obra Social do banco - subliña o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet- ponse ao dispor de todas as asociacións culturais, colectivos sociais e clubs deportivos galegos que así o desexen para canalizar as iniciativas de axuda ao pobo ucraíno que poidan xurdir”. Os interesados poden escribir ao correo electrónico ayudaparaucrania@afundacion.org.

Como unha das primeiras medidas, ABANCA e Afundación habilitaron unha conta solidaria propia co fin de recadar fondos para atender as necesidades máis urxentes da poboación afectada polo conflito. As doazóns irán destinadas a Cruz Vermella e Save the children. As persoas que desexen colaborar poderán realizar un donativo sen ningún tipo de comisión na conta ES80 2080 7208 3385 3000 7122. Tamén serán gratuítas todas as transferencias que se realicen a Ucraína desde as contas de ABANCA.

Outra decisión adoptada é abrir todas as sedes e centros de Afundación para a recollida de produtos de primeira necesidade, destinados ás persoas damnificadas pola guerra. Deste xeito, toda a infraestrutura do proxecto solidario ‘Cultura por alimentos’ utilizarase temporalmente durante o período que dure esta situación para recoller as doazóns destinadas á zona do conflito e aos puntos fronteirizos que están a recibir o maior número de refuxiados.

Seguindo as recomendacións das entidades que están a traballar sobre o terreo solicítanse prioritariamente alimentos precociñados e latas de conserva, alimentos infantís, produtos hixiénico-sanitarios infantís e femininos e medicamentos e material de primeiros auxilios.

Durante os meses de xullo e agosto, Afundación poñerá ao dispor de nenos e nenas ucraínos que o necesiten as instalacións da súa residencia de estudantes de Pontevedra, que conta con 140 prazas. Ademais, os auditorios e teatros de Afundación acollerán eventos solidarios co obxectivo de recadar fondos destinados a esta campaña solidaria con Ucraína.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .