• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación mostran en Santiago a estreita relación entre artistas e cidades

  • ‘O artista e a cidade. Visións e realidades’ poderá visitarse ata o 18 de setembro no Centro ABANCA Obra Social
  • A exposición achega ao público 40 obras das coleccións de ABANCA e Afundación

Diego Cascón, responsable da xestión da Colección de Arte ABANCA, durante a presentación aos medios de comunicación da exposición.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Folleto da exposición ‘O artista e a cidade. Visións e realidades’ Santiago de Compostela. Do 14 de xullo ao 18 de setembro de 2016. Ver ficheiro PDF
14-07-2016
RSC

ABANCASerás redirixido a outro sitio web e AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web abren ao público este xoves 14 de xullo no Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela a exposición ‘O artista e a cidade. Visións e realidades’. A mostra reúne 40 obras que forman parte dos fondos artísticos de ambas as dúas entidades que teñen como nexo de unión a referencia a cidades reais, imaxinarias ou soñadas.

O título do proxecto inspírase nun libro do filósofo español Eugenio Trías no que o autor pon de manifesto a estreita relación que sempre existiu entre a alma da cidade e os artistas que a habitan. Esta relación pode ser de moi distinto tipo, dende a cidade como musa inspiradora ou como unha presenza que encerra e oprime ao artista nos límites dese espazo real e existencial.

Para esta exposición seleccionáronse óleos, fotografías, gravados, debuxos e esculturas de 33 artistas que forman parte das coleccións de arte de ABANCA e Afundación nas que encontramos urbes que nos levan a reflexionar sobre unha idea de cidade dende distintas ópticas e interpretacións. A mostra parte dunha serie de debuxos de Francisco Lloréns que se remontan a 1903 e chega ata a actualidade da man de autores como Elisa Sighicelli, Ana Fernández, Vari Caramés ou Cecilio Chaves.

Máis alá do mero marco cronolóxico, a exposición organízase en función de varios espazos temáticos e diálogos suxeridos entre os diversos artistas. Un bloque está dedicado á imaxe evocadora ou a lembranza da viaxe a unha cidade ou un lugar determinado. Neste grupo encontramos os óleos de Lloréns, Javier Correa Corredoira, Vicente Prego ou Xosé María Freixanes, entre outros.

Outro conxunto de obras teñen como protagonista unha visión idealizada da cidade, como a imaxe apocalíptica de Roberto González en ‘Confusión IV’ (2005), as vistas de Vigo e A Coruña de Urbano Lugrís ou mesmo as cidades escultóricas de Miquel Navarro e Caxigueiro.

Xunto a este recorrido proponse outro tipo de narración que actúa como guía para o espectador: interior-exterior, espazos habitados fronte a espazos nos que a presenza humana é inexistente. Neste bloque expositivo destacan ‘18 Brumaire’ (1991) de Xesús Vázquez, ‘El café Gijón’ (1968) de Tino Grandío, as visións neoiorquinas de Jorge Castillo ou ‘La tentación’ (1998) de Eduardo Úrculo.

‘O artista e a cidade. Visións e realidades’ estará aberta ao público ata o 18 de setembro no Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela en horario de luns a venres de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 horas e os sábados, domingos e festivos de 17.00 a 21.00 horas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .