• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación presentan ‘A tola aventura do aforro’, o xogo para ensinar educación financeira aos máis pequenos

  • A proposta forma parte do programa de educación financeira que desenvolven o banco e a súa Obra Social ao longo do curso escolar
  • O recurso está baseado na gamificación a través dun particular taboleiro de xogo
  • O alumnado enfrontarase a simulacións de imprevistos e situacións cotiás para aprender a manexar os aforros
  • A actividade adáptase á contorna dixital para utilizarse desde calquera dispositivo, tanto na aula como no fogar

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

27-11-2020
RSC Sostenibilidad

ABANCA e Afundación veñen de lanzar ‘A tola aventura do aforroSerás redirixido a outro sitio web’, unha experiencia inmersiva baseada na gamificación para que os estudantes entre 1º e 4º de Primaria aprendan de maneira colaborativa a importancia de xestionar ben o diñeiro, de aforrar e de ser solidarios. Este ano, ademais, mergullarse nela é máis fácil que nunca, basta con ter un computador e unha pantalla para proxectar o contido.

O banco e a súa Obra Social levan anos desenvolvendo un amplo programa de educación financeira de forma presencial nas aulas de Galicia, pero este ano marcado pola crise sanitaria adaptouse á contorna dixital sen perder a súa esencia para que os alumnos e alumnas de colexios de todo o país teñan a oportunidade de aprender conceptos financeiros que lles servirán na súa vida adulta. Así, os docentes e o alumnado poderán divertirse coas súas actividades desde calquera dispositivo, tanto desde a aula como en remoto desde casa.

A aventura consiste en axudar aos catro personaxes do Planeta Moi Tolo, a millóns de galaxias do noso, a instalarse na Terra e comezar a vivir xuntos, con todas as complicacións que leva compartir piso entre amigos. A través dun particular taboleiro de xogo, o alumnado caerá en casas que simulan imprevistos e situacións da vida cotiá, como unha lavadora avariada, o pago do aluguer ou a elección entre moverse en moto ou en bicicleta, ás que terán que facer fronte manexando os seus aforros da mellor maneira posible para completar o camiño e gañar.

Este xogo interactivo desenvolveuse en base ao currículo escolar e pode traballarse de forma específica nas áreas de Matemáticas, Ciencias Sociais e Valores Sociais e Cívicos, así como en Titoría. Desta maneira, o alumnado aprenderá de forma activa e en primeira persoa a distinguir entre o necesario e o desexado, e que non sempre podemos ter o que queremos.

Ademais, a inmersión narrativa do xogo permite que os estudantes sexan partícipes do proceso de ensino e da aprendizaxe matemática aplicada á vida real, fomentando o seu espírito crítico e emprendedor. Toda a vinculación curricular para enmarcar as actividades gamificadas, así como a información sobre o xogo, están dispoñibles na súa web: https://lalocaaventuradelahorro.afundacion.org/Serás redirixido a outro sitio web.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .