ABANCA e Afundación presentan en Santiago a exposición interactiva ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’
- Poderá visitarse no Centro ABANCA Obra Social ata o 15 de setembro e contará cun amplo programa de visitas guiadas para público xeneral e outro específico para escolares
- A viaxe de regreso de Ulises a Ítaca serve como analogía dos desafíos que afrontamos na xestión das nosas finanzas
- Esta innovadora proposta forma parte do programa de educación financeira que desenvolven o banco e a súa Obra Social desde 2015
De esquerda a dereita, José Manuel Mourelo e Carlota Sánchez-Montaña, durante a presentación da exposición interactiva 'Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira' en Santiago de Compostela
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Carlota Sánchez-Montaña nun momento da presentación da exposición
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, inauguran hoxe en Santiago de Compostela a exposición interactiva ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeiraSerás redirixido a outro sitio web’, unha experiencia inmersiva pioneira en España que utiliza os personaxes e situacións da Odisea como metáforas dos retos financeiros que atopamos ao longo da nosa vida. A mostra aborda de xeito novo e atractivo para públicos de todas as idades os coñecementos, actitudes e comportamentos necesarios para avanzar cara a un maior benestar financeiro.
O obxectivo final é promover unha actitude positiva cara á xestión do diñeiro. Para iso, proporciona ferramentas e coñecementos sobre conceptos como a inflación, as débedas, os imprevistos, as ganancias, as perdas, os gastos ou os riscos cibernéticos, que son necesarios para afrontar os desafíos que nos afastan das nosas metas financeiras.
A exposición estará aberta no Centro ABANCA Obra Social da capital galega ata o 15 de setembro. Poderá visitarse de luns a venres de 17.30 a 20.30 horas, e os sábados de 12.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas. Os domingos permanecerá pechada. Haberá visitas guiadas para o público en xeral e tamén un programa específico de visitas para escolares, cunha actividade didáctica asociada adaptada ás diferentes etapas educativas. As reservas para participar nas visitas guiadas poderanse xestionar a través da web deAtaquillaSerás redirixido a outro sitio web e as visitas para escolares a través do correo electrónico areaeducativacompostela@afundacion.org ou o teléfono 981 552 577.
A exposición chega a Santiago tras a boa acollida que tivo no seu paso por Vigo e A Coruña. Está previsto que a continuación visite outras cidades españolas. Este proxecto enmárcase na colaboración que mantén o banco con CECA e a Fundación das Caixas de Aforros (Funcas) para a promoción da educación financeira.