• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación presentan en Vigo ‘Intimidade abstraída’ de Antonio Murado

  • A exposición reúne as 103 obras que compoñen o legado pictórico máis persoal do artista lucense AM 34 x 24 Vol. I
  • A mostra poderá visitarse na sala de exposicións do Teatro Afundación en Vigo ata o 2 de xullo

Diego Cascón, responsable da xestión da Colección de Arte ABANCA, na presentación da exposición en Vigo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

‘Canto IX. EP’. AM 34 x 24 Vol. I (2005) © Antonio Murado. VEGAP, Lugo, 2015

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

05-05-2016
RSC

ABANCASerás redirixido a outro sitio web abre ao público esta tarde na sala de exposicións do Teatro Afundación en VigoSerás redirixido a outro sitio web a exposición ‘Antonio Murado. Intimidade abstraída’. A mostra reúne as 103 obras que compoñen o legado pictórico máis persoal do artista lucense: 'AM 34 x 24 Vol. I', que forma parte da Colección de ArteSerás redirixido a outro sitio web do banco.

Antonio Murado (Lugo, 1964) é un dos artistas galegos con maior proxección internacional da súa xeración. Fomado na Facultad de Bellas Artes de la Universidad de Salamanca, obtivo a bolsa ‘Manuel Colmeiro’ da Xunta de Galicia en 1987, a de Banesto en 1990 e a de Unión Fenosa que lle permitiu acceder á ‘Cooper Union School’ de Nova Iorque en 1996. Na actualidade vive e traballa en Nova Iorque, aínda que se mantén moi vinculado a Galicia, e a súa obra está presente en importantes coleccións públicas e privadas de recoñecido prestixio.

Na serie 'AM 34 x 24 Vol. I' o artista realiza unha revisión dos temas que máis lle teñen interesado ao longo da súa traxectoria e que forman parte do seu particular universo píctórico, como a paisaxe, a historia, a memoria e a pintura. Tamén preséntase un amplo catálogo de persoas achegadas, xunto a numerosas esceas que recollen as súas lembranzas de infancia, polo que o conxunto de lenzos convértese nunha verdadeira testemuña autobiográfica materalizada a través da pintura.

A exposición inclúe varias pezas dedicadas a un dos temas predilectos de Murado que se ten convertido en sinal de identidade da súa produción artística: o traballo paisaxístico. Nelas pódese apreciar a súa particular interpretación da paisaxe, partindo da natureza non para imitala senón para crear unha nova realidade.

A maior novidade que presentan as obras desta serie atópase na incursión do artista no campo do retrato, unha dimensión pouco coñecida ata o momento na súa produción e que demostra o seu interese pola consatante innovación no proceso creativo. Neste caso, emprega a fotografía como base para o traballo sobre o lenzo e xera unha realidade renovada, tan personal e íntima como insólita e orixinal.

Esta exposición en Vigo permítelle ao banco avanzar nun dos obxectivos que se marcou como prioritarios no ámbito da súa política de responsabilidade social corporativa, contribuír a difundir e divulgar a cultura galega, especialmente todas as obras e autores que forman parte da Colección de Arte da entidade, declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.

Actividades para escolares

De forma paralela, ABANCA e AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web organizaron un amplo programa de actividades dirixidas á comunidade escolar co fin de achegar aos máis pequenos o traballo de Antonio Murado e espertar a súa curiosidade polo mundo da arte.

Para participar é necesario pórse en contacto coa Área Educativa de Afundación, no teléfono 986 129 032 ou a través do correo electrónico areaeducativavigo@afundacion.org.

Horario

A exposición estará aberta ao público na sala de exposicións do Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ata o 2 de xullo de 2016. Poderá visitarse de luns a venres de 17.30 a 20.30 horas e tamén os sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .