• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación presentan o seu estudo A Economía Galega. Informe 2018

  • A economía española situou o seu crecemento nun 2,6 % en 2018, catro décimas menos que en 2017, e colocándose á cabeza de Europa
  • A economía galega tivo un comportamento lixeiramente mellor que a española, alcanzando o 2,8 %
  • Todos os macrosectores experimentaron unha menor vitalidade, salvo a industria ,aínda que rexistraron taxas de crecemento claramente superiores ás da última década
  • En 2018, no mercado de traballo galego apréciase a maior creación de emprego en 11 anos. As taxas de desemprego alcanzaron o seu mínimo desde o inicio da crise

De esquerda a dereita: Pedro Veiga, director xeral adxunto de Planificación Estratéxica e PMO de ABANCA e coordinador do Centro de Investigaciones ABANCA de IESIDE; Pedro Otero, director xerente de Afundación e secretario xeral de IESIDE; e Alberto Meixide, director do IDEGA da USC e coordinador do estudo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

18-07-2019
Negocio

ABANCASerás redirixido a outro sitio webeAfundaciónSerás redirixido a outro sitio web presentaron esta mañá, en colaboración co Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Investigacións ABANCA de IESIDE, na Sede Afundación de Santiago de Compostela, A Economía Galega. Informe 2018. Este estudo socioeconómico de referencia, que se vén publicando desde 1986, preséntase nesta ocasión tanto a súa versión extensa online como a máis dinámica do resumo executivo en papel.

No acto estiveron Pedro Otero, director xerente de Afundación e secretario xeral de IESIDE; Pedro Veiga, director xeral adxunto de Planificación Estratéxica e PMO de ABANCA e coordinador do Centro de Investigaciones ABANCA de IESIDE; e Alberto Meixide, director do IDEGA da USC e coordinador do estudo.

Descargar A Economía Galega. Informe 2018Serás redirixido a outro sitio web

A Economía Galega. Informe 2018

Nun contexto internacional non tan favorable como nos últimos anos, o IGE estimou un incremento do PIB galego do 2,8 %, catro décimas menos que en 2017. Con esta desaceleración da actividade, Galicia mantivo a sintonía coa traxectoria observada no conxunto de España, aínda que neste último caso a taxa de variación do PIB foi do 2,6 %. A mellor evolución da economía de Galicia permitiu reducir as diferenzas respecto de España e a zona euro, e a converxencia aínda é maior se se teñen en conta os valores do PIB por habitante.

Desde a perspectiva da demanda, a interna foi a principal impulsora do crecemento do PIB galego. Incrementouse en torno a un 3 %, o que supuxo unha achega ao crecemento dun 2,9 %. A contribución da demanda exterior a Galicia foi negativa debido a que o importado en bens e servizos creceu a un ritmo maior que o exportado. Desde o lado da oferta, apréciase un menor dinamismo da totalidade dos macrosectores coa excepción da industria. Non obstante, a construción foi o sector galego que mantivo un ritmo máis alto de crecemento, un 6,1 %, o que denota a súa paulatina recuperación.

En 2018, no mercado de traballo galego apréciase a maior creación de emprego en 11 anos. A evolución positiva da ocupación mantívose no inicio de 2019. Neste contexto, o número de desempregados segue reducíndose e a recuperación chega por fin aos parados de moi longa duración. Non obstante, observouse un menor dinamismo na creación de emprego que a media do Estado e, tamén, segue o decaemento da poboación activa.

Coa recuperación económica, volveu diminuír o peso relativo do sector agrario en Galicia. Porén, continuou a dinámica expansiva da produción láctea, cun crecemento das entregas á industria do 3 % en 2018. O incremento das producións gandeiras foi contrarrestada pola contracción nas ramas vexetais, orixinando un estancamento do output global do sector agrario galego.

Nas actividades do mar, a pesca fresca caeu en volume e en facturación, pero acadou a cotización máis alta no que vai de século. No sector pesqueiro mantense a incerteza sobre o impacto económico dun Brexit que pode roldar os 535 millóns de euros. Na acuicultura, a pesar das limitacións derivadas da falta dunha lei, a produción da piscicultura mariña de Galicia aumentou un 32 % no que vai de década.

O VEB da industria galega incrementouse un 3,8 %, un punto máis que o aumento do PIB. A xeración de enerxía medrou en 2018 un 11,1%, con crecementos elevados en todos os trimestres do ano, pero, en particular, no inverno. Mantívose o elevado grao de utilización da capacidade produtiva na industria manufactureira, se ben a produción descendeu na automoción, confección e industria do moble. Os prezos industriais medraron un 3,3 %, polo que persistiu a tensión inflacionista.

No sector da construción, Galicia foi a sétima comunidade de maior investimento público por habitante, con 390 euros, superando en 30 euros a media española. A oferta de vivenda española consolidou en 2018 a súa melloría mentres que en Galicia o nivel de actividade inmobiliaria foi relativamente menor. A demanda de vivenda medrou en España e Galicia e a usada é a que segue dominando o mercado inmobiliario.

O VEB nos servizos medrou un 2,5 %, cunha traxectoria moi irregular ao longo do ano. En xeral, se ben a maioría das ramas do terciario tiveron un comportamento expansivo en 2018, o índice da cifra de negocios do comercio polo miúdo amosou unha desaceleración e a demanda turística experimentou un retroceso. En sentido contrario, en 2018 produciuse un novo récord nos aeroportos galegos con máis de 5 millóns de pasaxeiros.

No comercio galego co estranxeiro acadouse en 2018 un novo récord nas exportacións e importacións de bens, aínda que diminuíu o saldo comercial. Mantívose o liderado nas exportacións galegas da confección de prendas de vestir, se ben o fluxo foi moi similar ao de automoción. Os sete principais países de destino pertencen á zona euro, salvo o Reino Unido.

Canto ao sistema financeiro galego, apreciouse unha redución do 4 % na rede de oficinas, finalizando 2018 con 1491 sucursais, o 5,7 % do total estatal. En liña coas entidades financeiras españolas, a xestión continuou centrándose en minimizar o impacto negativo que sobre a marxe financeira exerce o contexto de tipos de xuro reais negativos.

Na Administración autonómica, a liquidación do exercicio de 2018 confirma a recuperación do equilibrio orzamentario, acadando Galicia un superávit de 104 millóns de euros. O sector público local galego segue a presentar as mesmas características diferenciais respecto dos seus homólogos do resto do Estado: raquitismo orzamentario (o gasto en euros por habitante sitúase no 78,7 % da media nacional), derivado, en gran medida, da súa inhibición fiscal (os ingresos por tributos unicamente acadan o 71,2 % da media estatal).

Canto ás previsións para 2019, ante o camiño relativamente paralelo que están seguindo as economías galegas e españolas, cabe supoñer que o PIB de Galicia medrará entre un 2,1 % e un 2,2 %. O máis notable nos primeiros meses do ano, en sentido negativo, foi a brusca caída na produción industrial galega e o descenso das exportacións ao estranxeiro. Do lado positivo cómpre subliñar un comportamento máis expansivo nos servizos, cunha actividade turística que está recuperando a súa senda de crecemento.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .